Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
Por cuarta semana consecutiva, o persoal de loita contra os incendios maniféstase diante da Dirección Xeral de Montes
06/06/2007 13:46

Por cuarta semana consecutiva, o persoal de loita contra os incendios maniféstase diante da Dirección Xeral de Montes

CCOO apoia esta nova concentración/manifestación e agarda que a participación activa das traballadoras e traballadores do SDCIF e a unidade sindical logren mudar a actitude da Administración

Por cuarta semana consecutiva, mañá, xoves 7 de xuño ás 10h, o persoal laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (SDCIF) volve manifestarse diante da Dirección Xeral de Montes (San Lázaro - Santiago de Compostela). A situación repítese porque após máis de 17 meses de negociación, os responsables da Consellaría do Medio Rural (da que depende Montes) teñan dado resposta «ás lexítimas demandas do persoal do SDCIF», informan representantes do colectivo profesional.


06/06/2007 10:06

D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007

Día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esiximos responsabilidades por esta desfeita.


Conhece o teu Mundo em Vigo
06/06/2007 01:17

Conhece o teu Mundo em Vigo

MDL desenvolve campanha Conhece o teu Mundo por toda a Galiza.

Segunda paragem: Vigo, no CSA A Revolta, com a palestra "Estamos na Net" em que participarão Celso Alvarez Cáccamo, Jose Ramom Flores das Seixas e Vítor Lourenço


Xornalistas galegos xúntanse o día 9 en Vigo para aborda-los seus dereitos laborais
05/06/2007 23:03

Xornalistas galegos xúntanse o día 9 en Vigo para aborda-los seus dereitos laborais

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) organiza o sábado día 9 de xuño unha xornada de formación laboral para os traballadores do sector da comunicación. Baixo o título "Dereitos laborais básicos e estratexias de negociación" a xornada será inaugurada polo director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca Díaz.


05/06/2007 17:25

É necesaria a unión de todas as persoas que defenden o sistema democrático para lle facer fronte á ameaza terrorista

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia condena a decisión de ETA de suspender o cesamento do fogo e insta a abandonar as loitas partidistas para conseguir derrotar o terrorismo

A Comisión Executiva do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) condena enerxicamente o último comunicado da organización terrorista ETA pola que se anuncia a fin do cesamento do fogo e o regreso ás accións armadas.


Dende esta mañá, dúas palas destrozan o alto da Necrópole da Mourela
05/06/2007 16:29

Dende esta mañá, dúas palas destrozan o alto da Necrópole da Mourela

Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar as tres mámoas que nestes dias serán derruidas, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico.


CCOO pide ampliar o diálogo social ao ámbito municipal e solucións axeitadas para problemas como os incendios
05/06/2007 12:57

CCOO pide ampliar o diálogo social ao ámbito municipal e solucións axeitadas para problemas como os incendios

A Executiva do sindicato considera que as eleccións locais consolidan «a tendencia progresista e de demanda de cambio expresada polo voto da cidadanía» que xa posibilitou formar o Goberno bipartito

A Comisión Executiva do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) analizou os resultados das eleccións autonómicas e municipais do pasado 27 de maio, especialmente no que atinxe ao noso país. A Executiva sindical considera que chegou o momento de ampliar ao ámbito municipal o diálogo social, promovendo ou fortalecendo a participación cidadá -con especial atención aos axentes sociais-, ben sexa mediante este proceso ou a través do ámbito institucional.


05/06/2007 12:55

O medio ambiente, un negocio privado e de política de escaparate

Comunicado da Plataforma Sindical de Axentes Forestais (CCOO, CSI-CSIF e UGT)


Os axentes forestais de Galicia queremos manifestar no Día Mundial do Medio Ambiente que o que debería ser unha mostra de utilización de novas tecnoloxías, mecanismos de control, colaboración con países, institucións, educación cidadá e unha celebración para resaltar os valores do medio ambiente, a mellora da conciencia para o respecto dos valores ecolóxicos e forestais, está claramente encamiñada cara ao negocio e o lucro.


05/06/2007 12:53

O medio ambiente, un negocio privado e de política de escaparate

  Comunicado da Plataforma Sindical de Axentes Forestais (CCOO, CSI-CSIF e UGT)
 
Os axentes forestais de Galicia queremos manifestar no Día Mundial do Medio Ambiente que o que debería ser unha mostra de utilización de novas tecnoloxías, mecanismos de control, colaboración con países, institucións, educación cidadá e unha celebración para resaltar os valores do medio ambiente, a mellora da conciencia para o respecto dos valores ecolóxicos e forestais, está claramente encamiñada cara ao negocio e o lucro.


05/06/2007 12:53

O medio ambiente, un negocio privado e de política de escaparate

  Comunicado da Plataforma Sindical de Axentes Forestais (CCOO, CSI-CSIF e UGT)
 
Os axentes forestais de Galicia queremos manifestar no Día Mundial do Medio Ambiente que o que debería ser unha mostra de utilización de novas tecnoloxías, mecanismos de control, colaboración con países, institucións, educación cidadá e unha celebración para resaltar os valores do medio ambiente, a mellora da conciencia para o respecto dos valores ecolóxicos e forestais, está claramente encamiñada cara ao negocio e o lucro.


05/06/2007 11:06

Queremos o Shin-Chan de volta

Queremos a Shin-Chan en galego outra vez!


04/06/2007 14:31

Miles de persoas maniféstanse en Ferrol en defensa da vida e do medio ambiente

Este domingo, ADEGA participou na concentración en Ferrol contra a planta de gas de REGANOSA e pola inmediata liberación do patrón maior, Bernardo Bastida. Esta concentración e o seu masivo seguemento supuxo a definitiva caída dos muros de silencio erguidos en torno a REGANOSA.


04/06/2007 14:25

Representantes do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participan en Italia nunhas xornadas sobre retos sindicais

Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participará en Italia nunhas xornadas para avaliar algúns dos máis importantes retos para o sindicalismo español. O seminario, que decorrerá entre os días 6 e 7 de xuño na Rexión Emilia (situada ao norte do país transalpino), leva por título «O problema da non autosuficiencia e da Seguridade Social; dúas realidades confrontadas: sistema legal e experiencias sindicais en España e en Italia».


03/06/2007 20:29

Brutal repressão em Marrocos contra estudantes universitários

Se ben n'O levantador de minas evitamos habitualmente tratar temas que non referencien directa ou indirectamente cuestións literarias, neste caso a nosa sensibilidade nos obriga a participar da denuncia dos feitos que a seguir se divulgan. Advertimos que a súa leitura pode alterar emocionalmente o leitor, como puidemos comprobar nós mesmos. Transcribimos unha carta tal como foi recibida das fontes que, aínda que da nosa confianza, non nos vemos en disposición de citar.

http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2007/05/30/estudantes-saharauis-torturados-unha-carta-desesperada/


01/06/2007 12:41

Adiada a concentración en Compostela: todo@s a Ferrol o día 3!

3xung.gif

Ante os gravísimos feitos acontecidos en Ferrol co asunto REGANOSA, coa desproporcionada actuación das forzas de seguridade e que deron como resultado a prisión incondicional e sen fianza do Patrón Maior, Bernardo Bastida, ADEGA fai un chamado á cidadanía galega para que o domingo día 3, manifestemos en Ferrol a nosa vontade de seguir loitando en defensa da ría, esixindo a inmediata posta en liberdade do patrón maior.





31/05/2007 14:37

Defender o ambiente non é delicto: liberdade para Bernardo Bastida!

bastida.jpg31 de maio de 2007. O conflito de REGANOSA continúa coa ofensiva xudicial contra os pescadores e mariscadores. Aos 600.000 € en perdas que reclama a empresa polo Galicia Spirit hai que engadir outros 200.000 € do Mourad Didouche. Alén disto, o patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, detido o martes 29, ingresou onte no cárcere de Teixeiro, de xeito incondicional e sen fianza. Cando Bastida era trasladado ao cárcere, a Policía cargou contra mariscadores e membros do Comité Cidadán diante dos xulgados causando varios feridos. Mira o vídeo dos incidentes. ADEGA considera estas medidas inxustas e desproporcionadas e lembra á xustiza que defender a legalidade, o ambiente e a saúde non pode ser delicto.
 


31/05/2007 12:46

USC suspende eleiçons violando Estatutos

Art.98.4º: Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes, que o serán por un ano.


SERRALVES EM FESTA, 02-03 JUN 2007, 40 HORAS NON-STOP
31/05/2007 12:39

Serralves em Festa: 40 Horas Non-Stop

Realiza-se no próximo fim-de-semana, 2 e 3 de junho, a 4ª edição do Serralves em Festa, no Porto, o maior festival de expressão artística contemporânea em Portugal, com uma duração de 40 horas consecutivas e com actividades pensadas para pessoas de todas as idades, para todas as famílias e para a família toda, sempre com entrada gratuita.


Mais conferências este fim de semana em Alto Minho
31/05/2007 10:48

Mais conferências este fim de semana em Alto Minho

Continua o V Mês da Língua e continuam as actividades. Para este fim de semana estão agendadas duas conferências. Como sempre às 20h00 no Centro social (Rua Catassol nº15 - Lugo)


31/05/2007 04:02

Convocatoria chapuza no INFOGA

As probas físicas, que se desenvolveron en Santiago no multiusos de San Lázaro, alongaronse durante horas debido a deficiente organización.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.