Do 20 ao 25 de Agosto de 2007
Mostra de jazz, blues e músicas creativas
http://www.novasmusicas.com
festival@novasmusicas.com
Do 20 ao 25 de Agosto de 2007
IMPROVISACIÓN VOCAL, HARMONÍA MODERNA, ANÁLISIS, COMBOS BLUES, POP-ROCK, JAZZ, FUNK
PROFESORES:
Fernando Llorca, Roberto Somoza, Carlos Calviño, Andy Phillips y Charlie Moreno
http://www.novasmusicas.com
a.tempo@wanadoo.es
Xa estamos en pleno verán, e unha nova cita da Masa Crítica se aproxima en Coruña. Desta volta será a Masa Crítica Coruña "Especial Santa Margarida", na que percorreremos as principales rúas do barrio e incluirá unha estupenda Charla-Coloquio o mércores. Todo isto en colaboración coa AAVV "O Parque de Santa Margarida". Onde che vai a bici?
Observando a grella televisiva, un coida, por unha parte, terse desprazado á discoteca do barrio máis próximo, hábitat natural de personaxes da caste dos Tonechos, co seu sempiterno combinado alcólico, a súa mirada perdida nuns ollos semipechados, as pernas parcialmente flexionadas e un movemento corporal rítmico como se tivesen unha ansia permanente por ir mexar.
A mellor praia nudista de Galicia está na Pobra do Caramiñal, moi pretiño de Cabío. O malo é que nos últimos tempos este areal, chamado Niñeiriños, está sendo literalmente "invadido" polos 'téxtiles'. E tanto é así, que a práctica do nudismo se está convertendo en residual e marxinal, se cadra por desleixo da propia comunidade nudista.
Manolo Barros Montero, histórico militante comunista de Redondela, un dous presos do penal de San Simón
finou o pasado mércores 26 de xullo. Centos de persoas despediron a este loitador antifranquista envolto polas bandeiras comunista e republicana entre as verbas sentidas dos seus amigos e os seus compañeiros.
SOS Caurel
Pbl. Xuño 29, 2007 por Asociación socio Cultural Arredemo (http://arredemo.info/)
A decisión (http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf ) da Xunta do pasado día 21 de Xuño de autorizar a Canteira A Campa-Santa Eufemia e declarar o Concello como zona mineira vén situar a Rede Natural do Caurel á beira da súa definitiva liquidación como espazo natural e cultural protexido, como desde hai tempo veñen denunciando a Asociación Ecolóxico-Cultural "SOS Courel" e outros colectivos ecoloxistas. Unha fraga, un río e case media ducia de poboados mediavais ameazados, así como as doce macrocanteiras xa existentes na comarca non foron quen de inclinar a declaración de impacto ambiental a prol da conservación do Caurel, dando conta da pouca utilidade da normativa medioambiental galega cando se trata de defender o patrimonio natural e cultural común. SOS CAUREL solicita das persoas e colectivos comprometidos coa causa do territorio a súa solidariedade nun momento en que se está a xogar definitivamente o futuro dun dos últimos espazos virxes da Galiza que atesoura como poucos as señas da nosa identidade como pobo e como cultura.
Á beira do río xubia, no Muiño do Pedroso , en Narón iste sábado 28 desembarca apartires das 16 h. no marco do festival da Terra e da Língua organizado Fundaçom Artabria o delirante formato do Billarda Freestyle, unha loucura feita realidade que vai facer tremer a todo o que se achegue ó espacio reservado dentro do festival para os desportistas desprazados pola LNB , ademáis a pé de pista estará instalada a TENDA-LNB donde se poderá adquirir todo o material deportivo e merchandasing necesario para lucir niste poderoso verán de climatoloxía galega as camisolas , chapas , pulseiras e colares de can diste deporte que arrinca os chantos e invade as leiras!!
Mais um ano, A Gentalha do Pichel oferece um amplíssimo programa de cursos que decorerrám, maioritariamente, entre a última semana de Julho e a primeira de Agosto.Para aqueles e aquelas que querem aproveitar as tardes de Verao em Compostela aprendendo de pessoas que, independentemente de terem ou nom títulos universitários ou másters internacionais, tenhem muito que ensinar.
A zona de protección arredor do Campo da Torre, en Ortigueira, atópase ameazada por unha agresiva intervención urbanística para construír 67 vivendas.
A vêspera do Dia da Pátria, a organizaçom juvenil do MLNG, BRIGA, convoca a III Jornada de Rebeliom Juvenil
Logo de meses de trabalho pom-se a andar o Centro Social Roi Soga de Lobeira. A casa comum do soberanismo na bisbarra da Ria de Muros e Noia abrirá as suas portas o vindeiro sábado 21 de Julho a partir das 20.00hrs.
Datas: Días 9, 10, 11 e 12 de agosto de 2007
Lugar: Obelisco e Praza de María Pita (sesións nocturnas en Cafés Teatros)
Horario: Entre as 19,00 as 23,00 horas
Entrada Gratuíta
O IV festival Manicómicos trasládase este año ás rúas de A Coruña, aos pubs e aos cafés teatros da cidade.
No festival participarán 12 compañías nacionais e extranxeiras, ademais de varios artistas galegos.
Malabares, danza, clown, cabaret e novo circo serán as especialidades dos artistas coas que poderá deleitarse o público coruñés.
No marco del Festival prográmase un curso de “Match de Improvisación” para actores, docentes e público en xeral, impartido por Simone Negrín (Italia) e Clara González (Galicia). Inscripcións no tfno. 981235024.
A Xunta e Caixa Galicia asinaron un acordo polo que se pretende preservar diversos espazos naturais. A forma de conseguir este amparo susténtase na compra por parte da entidade bancaria de terreos que forman parte de espazos dignos de protección
Esta Semana Fantástica que decorre entre duas "Patrias" (sic), a monolítica do "18 de Julio" e a bipolar do "25 de Xullo", dia do Patrono da España e da Galiza simultaneamente (cousas veredes), é um bom momento para escutarmos velhas palavras, mas de grande actualidade sociolinguística, cultural, política e até bélica.
19 de xullo de 2007. No día de onte, numerosos colectivos de afectados/as e asociacións ecoloxistas reunímonos en Compostela para coordenar as accións de resposta á proposta insustentábel de novo Plano Acuícola presentado pola consellería de Pesca. Acordamos presentar alegacións conxuntas e pormenorizadas ao documento e apoiar as diversas accións que cada plataforma desenvolva a nível local. Como primeira acción, concentrarémonos este vindeiro sábado 21 ás 5 da tarde contra a ampliación da piscifatoría de Stolt en Quilmas (Carnota). Alto á especulación co noso Patrimonio Natural!
Unha decena de colectivos ecoloxistas organizou un roteiro no Pico Vello para amosar a súa disconformidade contra a mina de andalucita que unha empresa anglo-sudafricana pensa abrir.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.