Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
19/06/2007 12:28

CCOOnéctate á formación

Comisións Obreiras (CCOO) organiza o mércores 20 de xuño no Hotel Puerta del Camino (Santiago de Compostela) unha xornada sobre o novo modelo de formación para o emprego e a cualificación das traballadoras e dos traballadores en Galicia. Baixo o título 'CCOOnéctate á formación', diferentes especialistas en formación para o emprego reuniranse para abordar materias de tanto interese como a oferta formativa ou o papel dos axentes sociais e da Administración ante a aplicación no noso país do novo modelo.


18/06/2007 18:00

As cores dos ríos galegos: un caleidoscopio de vertidos

verquido_redondela_562007_i.jpgsar1.jpgsar2.jpgrio_gallo_cuntis_060607.jpg
Nestas datas, co descenso do caudal dalgúns ríos, fanse máis evidentes os vertidos nos nosos cursos fluviais. En menos dunha semana por exemplo, rexistramos tres importantes verteduras en Redondela (5 de xuño, río Alvedosa), Compostela (7 de xuño, río Sar) e Cuntis (8 de xuño, río Gallo), mais de seguro que non serán as últimas. ADEGA quere reclamar aos concellos recén constituídos un maior protagonismo para o saneamento dos ríos nas políticas municipais.


18/06/2007 17:45

Escritor e jornalista português Renato Teixeira apresenta livro na USC

o propósito inicial que nos levou a colidar com a ditadura do capital nesta Faculdade, a apresentaçom nela do livro "Ardinas da mentira" da editora portuguesa Dinossauro, será finalmente satisfeito.


16/06/2007 22:35

Nace a web "Tan gallego como el gazpacho"

Logo da reaccionaria web "Tan gallego como el gallego", xurde a páxina "Tan gallego como el gazpacho" coa intención de "demostrar que los gallegos somos españoles como los que más".


16/06/2007 11:45

Subvencións da Consellería de Sanidade para un negocio global

A Consellería de Sanidade ofrece subvencións por valor de 250.879 euros para investigación-acción dentro da estratexia global anti VIH-Sida (D.O.G. 04.06.07).


Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría De pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza
16/06/2007 01:06

Recibimento festivo a Bernardo Bastida

Así recibiron os veciños o Patrón Maior da Confraría De pescadores de Ferrol, despois de que saíse do cárcere, en liberdade sen fianza.


14/06/2007 19:43

Novo texto sobre Bolonha traduzido

GIR apresenta em rede mais um texto traduzido do colectivo Professores polo Conhecimento, auspiciado desde a Unversidade madrilena.


SUPER-5 PARROQUIAL DE BILLARDA!!
14/06/2007 19:17

Chega o Súper-5 Parroquial de Billarda!!

Iste domingo 17 celébrase no multiusos do San Bartolo de Barreiros a xenuina vesión billardeira do 6 nacións de Rugby , dende as 10 da mañá ate o lusco e fusco 5 seleccións parroquiais loitarán pola gloria Perico da LNB e por evitar a sempre humillante CULLER DE PAU.


14/06/2007 19:05

III Encontro do Voluntariado do Proxecto Ríos

O III Encontro de Voluntariado terá lugar o 16 de Xuño do 2007, na Finca de Lourizán, pretende ser o espazo de encontro do voluntariado que está a participar no Proxecto Ríos, e o espazo onde compartir as experiencias e as actividades que se están a desenvolver nos distintos concellos.


Non tires a vella PC !!! instalalle DeLi Linux
14/06/2007 13:54

Non tires a vella PC !!! instalalle DeLi Linux

A páxina de DeLi Linux xa está en galego. DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera.


14/06/2007 10:52

Acordo de Goberno en Cangas

Clara Millán será a primeira alcaldesa de Cangas ó confirmarse o acordo de goberno entre BNG (6), PSdG-PSOe (4) e ACE (3).
Mariano Abalo ocupará a carteira de Urbanismo (unha das concellerías máis polémicas nas últimas lexislaturas).


Marisol López diz que o Novas da Galiza 'escreve mal'
13/06/2007 13:24

Marisol López diz que o Novas da Galiza 'escreve mal'

O Movimento de Defesa da Língua e o Portal Galego da Língua publicam a resposta da secretária geral de Política Lingüística da Junta de Galiza, Marisol López, à reclamação que apresentara o MDL pola negação de subsídios ao jornal Novas da Galiza.


12/06/2007 18:33

Semana ecoloxista en Neda

12 de xunho de 2007. A delegación de ADEGA-Trasancos organiza unha semana de actos ecoloxistas na Casa da Cultura de Neda. O venres 15 ás 20 h a conferenza será "A RÍA, RIQUEZA A DEFENDER". A semana seguinte, para o venres 22 tamén ás 20 h, trataremos sobre "O VOLUNTARIADO DO LUME". Durante toda a semana do 15 ao 22 poderedes tamén visitar na mesma casa da Cultura de Neda a exposición "A COSTA, UN PATRIMONIO A DEFENDER".


Mostra de Escolas de Teatro na Coruña. 18 e 20 de xuño.
12/06/2007 17:35

Mostra de Escolas de Teatro na Coruña. 18 e 20 de xuño.

Un ano máis remata o "curso académico" e con el as escolas de teatro de coruña e narón presentan unha mostra representativa do seu traballo.

É o momento de ver o traballo feito en cadansúa escola, pero non os enganedes, non é tan só un exemplo do que se ensina en cada sitio, senón que é un espectáculo acabado que pretende entreter e divertir a todo o mundo. Obras de xénero diverso (clown, teatro físico, máscara, comedia del arte, teatro clásico, teatro experimental, …).

O éxito de público está garantido, porque son moit*s *s que repiten ano tras ano a divertirse e desfrutar dun bo rato. Non o perdas!


Os enxeñeiros técnicos forestais reclaman estabilidade laboral, máis medios e profesionalización para loitar contra o lume
12/06/2007 13:48

Os enxeñeiros técnicos forestais reclaman estabilidade laboral, máis medios e profesionalización para loitar contra o lume

Tan só 63 profesionais deben facer fronte a todos os incendios que se producen en Galicia, equivalentes á metade dos que se orixinan no Estado español e un terzo dos que se rexistran en Europa

Os enxeñeiros técnicos forestais da Xunta de Galicia, en especial aqueles que traballan na Dirección Xeral de Montes da Consellaría do Medio Rural, denuncian a súa caótica e precaria situación laboral: tan só 63 profesionais deben coordenar os traballos de extinción de todos incendios que se producen no noso país. Ilustraron a súa queixa cunha comparación demoledora: sería o mesmo ca se esas 63 persoas tivesen de coordenar a metade dos incendios do Estado español ou a un de cada tres lumes que se rexistrasen en Europa -tal é a magnitude desta lacra en Galicia-.


José María Fidalgo vai impartir unha conferencia en Vilagarcía de Arousa no Foro Socioeconómico Iniciativa 3
12/06/2007 08:36

José María Fidalgo vai impartir unha conferencia en Vilagarcía de Arousa no Foro Socioeconómico Iniciativa 3

O secretario confederal de CCOO, José María Fidalgo, vai participar o vindeiro xoves 14 de xuño nun encontro que promove o Foro Socioeconómico de Arousa 'Iniciativa 3', en Vilagarcía. A intervención de Fidalgo será ás 20:30, cunha conferencia titulada «Diálogo social e progreso».


12/06/2007 00:06

I concurso de maquetas DK07

Se tes un grupo de pop,rock,electronica,... e che gustaría participar na V Edición do DK, xunto a The Gift (Porto) ou Mendetz (Barcelona), esta é a túa oportunidade. Envíanos a túa maqueta e participa no novo concurso que estamos a preparar.


A liberdade de prensa depende das condicións laborais dos xornalistas
09/06/2007 17:17

A liberdade de prensa depende das condicións laborais dos xornalistas

dos principais medios de comunicación de Galicia participan hoxe na xornada "Dereitos laborais dos xornalistas", que se está a celebrar esta mañá en Vigo. Na inauguración, o director xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo, Álvaro Ansia Bacelar, destacou que "na medida en que as condicións laborais dos xornalistas melloren, tamén mellorarán a súa capacidade de traballar con independencia".


07/06/2007 10:43

Toneladas de herbicidas inundan as estradas galegas

fumigasona.jpg7 de xuño de 2007. Toneladas de herbicidas tóxicos son usadas indiscriminadamente para limpar de vexetación centos de kilómetros de estradas galegas. Malia a que a lexislación vixente permite esta práctica, ADEGA quere chamar a atención dos responsábeis públicos sobre os problemas ambientais derivados do uso destas substancias. A práctica de evitar o crecemento da vexetación herbácea das cunetas mediante o uso masivo e indiscriminado de herbicidas comporta máis efeitos negativos que positivos. As administracións deberían pois abandonar este sistema e substituilo polo rozado mecánico.

 


Festa de Apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo
06/06/2007 19:19

Festa de Apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo

Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro,
Os da Ría, e Carlos Santiago.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.