Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
Dependência política: crise demográfica e aniquilaçom do mundo rural desartelha sistema escolar na Galiza
18/07/2007 12:22

Dependência política: crise demográfica e aniquilaçom do mundo rural desartelha sistema escolar na Galiza

Esta situaçom está a provocar deficiências consideráveis no contorno rural, e umha pressom enorme sobre as famílias, que dificilmente podem apostam no futuro na sua terra.


17/07/2007 14:56

Adeus píllara papuda, benvida Bandeira Azul

corna1.jpg17 de xullo de 2007. A masiva afluenza de visitantes ás praias e o desleixo dalgunhas administracións máis preocupadas por atraer o turismo que por conservar o medio, están a provocar a rápida degradación dalgúns ecosistemas dunares, da súa fráxil fauna e flora. Tal é o caso da praia da Corna, entre O Caramiñal e Ribeira, o campo dunar millor conservado do N da ría de Arousa. Alí, unha recente "limpeza" con maquinaria pesada estragou a niñada da única parella de píllara papuda deste contorno. Iso si, a praia loce a Bandeira Azul... Non todo vale para atraer ao turismo!


17/07/2007 09:44

Terceira Rota do Siñor Afranio

Continúan as Xeiras 2007 que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns coa 3ª Rota do Siñor Afranio. Estas xeiras están dedicadas a percorrer os camiños e lugares polos que en 1936 Antón Alonso Ríos andou para "risparse das gadoupas da morte". Pola serra da Groba, polo Monte Tetón, por Couso, Morgadáns e Vincios estivo agachado o deputado popular ata transformarse no pobre de pedir Siñor Afranio do Amaral.


17/07/2007 02:15

Festival Revenidas 2007

Este sábado 21 de xullo volve a Vilaxoán de Arousa o Festival Revenidas.


17/07/2007 01:58

Creada unha campaña recollida de firmas polo concerto de Sabina e Serrat en Santiago

Parte dos 13.000 asistentes ao concerto "Dos pájaros de un tiro" que se quedaron coa mel nos beizos o pasado sábado, iniciaron as primeiras accións coa finalidade de pedir unha correspondencia pola falta de planificación e desorganización xeral no concerto. Para iso, inician unha campaña de recollida de sinaturas vía web e poñen na rede un blog.


16/07/2007 22:18

Tradiçons marinheiras galegas?

Hoje, dia 16 de Julho, vem de celebrar-se, como todos os anos, a processom marinheira da Virgem do Carme numha vila marinheira das Rias Baixas galegas.


Residências para estudantes na USC: menos vagas, mais caras
16/07/2007 21:52

Residências para estudantes na USC: menos vagas, mais caras

O curso 2007/08 continua o ritmo de imparável queda.


Festival de Jazz NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos. Agosto 2007
16/07/2007 18:35

Festival de Jazz "Novas Músicas" de Monforte de Lemos

Do 20 ao 25 de Agosto de 2007. Mostra de jazz, blues e músicas creativa.


III Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos. Agosto 2007
16/07/2007 18:21

III Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos

Do 20 ao 25 de Agosto de 2007. Improvisación vocal - armonía moderna - jazz - pop - rock - funk - blues.


16/07/2007 18:19

Nigrán solicita a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O concello de Nigrán comunicou a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a súa adhesión á futura Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.


16/07/2007 13:41

Obxetivo: Hospital Modelo d'A Coruña. Campaña da CiberIrmandade

A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.


O Fiscal do TSXG denuncia unha obra en Pontedeume
16/07/2007 00:29

O Fiscal do TSXG denuncia unha obra en Pontedeume

Despois de 4 licenzas anuladas por un xuíz, Pontedeume é de novo centro de atención polo urbanismo. O Fiscal do TSXG denuncia unha obra que os promotores levantaron sen aterse á licenza concedida


"Do linguicidio considerado como unha das Belas Artes"
14/07/2007 13:43

"Do linguicidio considerado como unha das Belas Artes"

Desque comezou a polémica polo Decreto do galego, veñen aparecendo publicadas moitas opinións que sustentan as teses da plataforma "Tan gallego como el gallego" desde unha óptica (neo)"liberal" que gusta de subliñar o seu máis sincero respecto pola lingua galega.


Galicia é bilingüe
14/07/2007 01:06

Galicia é bilingüe

Os galegos e galegas temos dúas linguas que deberamos protexer.
O patrimonio lingüístico dun pobo non se pode ditar por Decreto.
Compre coidar da Calidade Lingüística para transmitir a nosa lingua mellorada ás novas xeracións.


FESTIVAL ARREAOCABO 07 EN CELEIRO(LUGO)
12/07/2007 17:44

Festival Arreaocabo 07 en Celeiro

Por segundo ano consecutivo, logo do éxito da edición anterior onde un millerio de persoas disfrutaron da mellor música galega da man de Os Cempes, Dios ke te Crew, Zenzar e Lisar Friends.


Geminação de Compostela com Santiago do Cacém
11/07/2007 16:57

Geminação de Compostela com Santiago do Cacém

Cavaco Silva inaugurou a exposição «No Caminho sob as Estrelas» e assistiu à cerimónia de geminação de Santiago com Santiago de Compostela. Nesta cerimónia, em Santiago, estiveram presentes o presidente da Câmara de Santiago do Cacém, Vítor Proença, e o Alcaide de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.


11/07/2007 15:05

'O alento da musa' agora de balde

'O alento da musa', último libro do ferrolán Alberte Momán, estrea bitácora, na que se pode descargar o ebook en formato pdf.


10/07/2007 23:42

Contra o tiro ao pombiño: envía postais a Medio Ambiente e ven o sábado ao Grove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés convoca a dúas accións contra o "Campeonato de España de tiro de pichón" que se celebra anualmente na Illa da Toxa (O Grove).


Axudas económicas alumnos oíntes Cameralia 07
10/07/2007 22:48

Axudas económicas alumnos oíntes Cameralia 07

Todas aquelas persoas de orixe galega que cursen estudos musicais en centros de Galicia, España ou no estranxeiro, interesadas en participar como alumnos oíntes en Cameralia 07, grazas ás bolsas que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e logo de realizar a súa inscrición como alumnos oíntes en Cameralia 07, terán un reembolso da cantidade ingresada (100 €) que non será inferior a un 80% deste importe.


Thea King
08/07/2007 06:53

Thea King

Dona dun son moi especial, foi adaíl da música británica contemporánea.Así encabezaba onte xoves 5 de xullo, Luís Suñén, esta necrológica sobre esta afamada clarinetista británica, na edición impresa do EL PAÍS que aquí pasamos a transcribir na súa totalidade.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.