12 de xunho de 2007. A delegación de ADEGA-Trasancos organiza unha semana de actos ecoloxistas na Casa da Cultura de Neda. O venres 15 ás 20 h a conferenza será "A RÍA, RIQUEZA A DEFENDER". A semana seguinte, para o venres 22 tamén ás 20 h, trataremos sobre "O VOLUNTARIADO DO LUME". Durante toda a semana do 15 ao 22 poderedes tamén visitar na mesma casa da Cultura de Neda a exposición "A COSTA, UN PATRIMONIO A DEFENDER".
ADEGA-Trasancos organiza unha semana de actos ecoloxistas na Casa de Cultura de Neda. Venres 15 ás 20 h: "A RÍA, RIQUEZA A DEFENDER" Intervirán: -Carlos Outeiro, enxeñeiro forestal e membro de ADEGA-Trasancos -Mª Begoña Balsa, bióloga e ecoloxista de Néboa -Joam L. Ferreiro (Cesio), asistencia técnica da confraría de Barallobre -Ricardo Martínez, mariscador e mergullador Venres 22 ás 20 h: "O VOLUNTARIADO DO LUME" Intervirán: -Xesús Oca, voluntario de ADEGA -Manuel Allegue (Manu), coordenador do voluntariado en defensa do monte de Trasancos -Mª Concepción López (Conchi), voluntaria de Neda -Mª Tareixa Novo, delegada provincial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia Do 15 ao 22 de xuño, exposición de ADEGA: "A COSTA, UN PATRIMONIO A DEFENDER" na propia Casa da Cultura de Neda