Trala convocatoria dunha manifestación nazi en Donostia, a mocidade independentista vasca botóuse ás rúas para evitala.
As asociacións ADEGA, SGHN, Verdegaia e Fusquenlla presentaron recentemente unha denuncia ante a Delegación de Medio Ambiente polo incumplimento das medidas correctoras previstas na Declaración de Impacto Ambiental no tramo que cruza o Eume
15 de outubro de 1936. En represalia pola morte dun falanxista, sacan do cárcere de Vigo a nove prisioneiros que son executados na estrada que leva de Baiona á Guarda. Dende entón, en cada aniversario do acontecido e mesmo baixo a máis estricta vixilancia e represión, nove cruces apareceron misteriosamente debuxadas na area no exacto lugar da execución, máis coñecido como "a volta dos 9".
O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabodano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista. A primeira das ofrendas terá lugar os sábado 13 de outubro ás 19:30h, ao pé do monumento que se ergueu na súa memoria en Baredo. Un acto breve no que participaran familiares e autoridades municipais do Val Miñor.
CO RESPALDO E APOIO DA CIG, RECLAMAN A INMEDIATA READMISIÓN DE DOUS COMPAÑEIROS DESPEDIDOS POR PEDIR MELLORAS LABORAIS.
Unha marcha a pé en catro etapas que percorrerá a nosa ría desde Cangas a Monteferro, organizada polos colectivos integrados na Plataforma A RÍA NON SE VENDE (*), do 11 ó 14 de outubro de 2007, como chamada de atención ante os graves problemas medioambientais que este espazo ten prantexados.
Unha Lei da Minaría para arrasar Galicia ?
As AMPA's de centros públicos de Galiza, junto com os sindicatos de professorado, venhem de pôr na palestra o seu rechaço, mais ou menos contundente segundo o colectivo, contra os planos policializadores da Escola Galega.
CAMPOS
Cambre, Pobo solidario
BOLETÍN INFORMATIVO - Outubro 2007
Acabo de recibir un correo alertando de que no Concello de Portomarín se están realizando labores agrícolas nunha Mamoa chamada "Medorra de Rañadoiro", situada nas Coordenadas UTM X: 607624.5 Y: 4744465.74 - ( Coordenadas xeográficas: Lat.: 42° 50' 39.95" N . Long.: 7° 40' 58.71" W). A persoa que me remite o correo cree que o veciño que desbrozou a mamoa ten intención de arala e explanala. Incrible que esto ocorra nestes tempos. Aquí queda o aviso por se alguén ten forma de dala voz de alerta as autoridades que lles corresponda protexer a Mamoa
Antes expropiaba o Estado en nome do “ben común”, para facer unha estrada ou un embalse. Agora, as grandes empresas poden expropiarnos para facer unha urbanización, ou unha piscifactoría, ou poden industrializar o monte en man común. Levaban anos falando de que a propiedade privada é sagrada, e eu, coitado, non o entendín ben. A sua propiedade é sagrada, a nosa non.
Comeza un novo curso académico, e a Escola de Teatro San&San presenta os seus cursos para esta nova tempada.
Con esta masa queremos reivindicar o uso da bici como medio de transporte para ir ao traballo, sexa cal sexa este traballo. Porque a bici non entende de posición social, tipo de traballo, etc, xa que é o medio de transporte mais eficaz dentro dunha cidade como a nosa. Por iso nos vestiremos de gala, cos nosos traxes, garabatas, paxariñas, traxes de noite, maquillaxes, … para acudir a esta masa. Animamos a tod@s a participar desta masa coas vosas mellores galas, será moi divertido e conseguiremos amosar que a bici non está reñida coa roupa elegante, para ir a traballar, para saír pola noite, para ir a unha festa, para acudir a un acto conmemorativo, …
Polo recoñecemento da nosa Nación, Galiza (...)
Luís Filipe Menezes, médico pediatra, presidente da Câmara Municipal de Gaia e presidente em exercício da associação transfronteiriça Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, foi eleito na passada sexta-feira, numa eleição directa com a participação de mais 30 mil militantes, o novo presidente do Partido Social-Democrata, PSD, partido de centro-direita, maior partido da oposição em Portugal.
As persoas abaixo asinantes, sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG], diante do conflito social que xera a imposición da instalación dunha planta regasificadora dentro da angosta Ría de Ferrol queremos manifestar o que segue.
o investimento para toda esta instalaçom ultrapassa com muito 1 milhom de Euros. Lembremos que nom eram muito mais de 800.000 os investidos para melhoras e inovaçons várias
O ofrecimento de “villa a Concepción” no Seixal, destapa contradicións no goberno local de Cambre
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.