Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Loita en Donostia

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Loita en Donostia

Loita en Donostia

Trala convocatoria dunha manifestación nazi en Donostia, a mocidade independentista vasca botóuse ás rúas para evitala.

Enviada por Ghaviotero Ghaviotero o 14/10/2007 17:44

Logo de que se soubese a intención da Falange de convocar unha manifestación na capital de Guipúscoa, xa sabíase que ía haber problemas.

Diversos grupos de esquerda, principalmente abertzales (LAB, ANV, Gazte Komunistak, Segi...), convocaron unha concentración antifeixista. Comezaron cun concerto, e logo de que a Ertzaintza os disolvese e tomase o Boulevard comezou todo. A unha sinal, comezaron a cortar rúas, empregando contenedores, coches e mesmo dous autobuses. O uso de tácticas de guerrilla urbana levou ó que Diario Vasco calificou como unha auténtica batalla campal, como algo que non sucedía dende fai anos.

Os xóvenes empregaron como munición as pilas dos contenedores, así coma botellas (con petardos ou bengalas dentro), material de obra, e mesmo anacos de lousas do paseo. Tentaron queimar un dos autobuses, pero a Ertzaintza evitouno. Sucedéronse cargas policiais e disparos con balóns de goma, pero o certo é que mesmo os antidisturbios houberon de retroceder varias veces.

Logo de cortar as rúas, saíron varios grupos que portaban ikurriñas ós berros de "Independentzia!". A policía nacional vasca veuse absolutamente desbordada pola mocidade, que movíase dun xeito totalmente organizado.

Os da Falange foron retidos en Zarautz, por mor dos disturbios. Finalmente, deixóuselles manifestar nun centro comercial das aforas de Donostia, baixo o lema de "ETA, NIN OLVIDO NIN PERDÓN". Os fascistas, entre outras cousas, proferiron perlas como "Euskal presoak, cámara de gas", "Con el Ejército volveremos!" o "Falange armada, ETA acabada" (deberían xulgalos por enaltecemento do terrorismo).

Por certo, que a min os da Falange non me dan ningunha mágoa. Como se di, "Onde as dan, as toman", e os fachas viñeron aquí a tocar as narices. Non se pode pedir que te respecten se ti logo non respectas ós demáis. Óllo, que tampouco vexo ben iso de destrozar a cidade porque uns feixistas de merda veñan a manifestarse, pero estes feixistas non teñen porque queixarse.


Podedes ver aquí unha galería de fotos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Loita en Donostia