Especialmente salientabel a repercusión nos Campus de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Ourense
http://www.comitesabertos.org/caf/portada.php
Iste domingo 4 de novembro as 12 h. na pista polidepotica de Piyarnu en territorio astur , bota a andar a COPA CANTÁBRICA , unha especie de Bledisloe Cup de rugby que nace co fin de dar continuidade anual a iste choque entre dúas nacións aínda sen estado
Letras Galegas de 2010 para Uxío Novoneyra
O mércores 31 outubro, folga na universidade galega.
CONCENTRACIÓN en Santiago de Compostela ás 12h. no Toral
http://www.comitesabertos.org/caf/portada.php
Organizacións de xornalistas de toda Europa están preparando mobilizacións contra precariedade laboral o próximo luns, 5 de novembro. A protesta está convocada pola Federación Europea de Periodistas (FEP) e tamén se realizará en Galicia. O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) únese á iniciativa mediante a distribución gratuíta de centos de camisetas co lema "A miña precariedade é a túa desinformación". O obxectivo é que os informadores leven posta esta prenda nas roldas de prensa convocadas para o día da mobilización.
Que acontece na Marinha coa sua língua?. "Foz dispone de mar, playa, patrimonio histórico, monte, naturaleza, fiestas, ferias, instalaciones deportivas, actividades lúdicas y todo el ambiente nocturno de la costa de Lugo". E a língua propia?
O luns 29 de outubro, ás 10:15 h, presentarase na sede da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple e da Asociación Galega de Lupus (Centro Municipal Asociativo Domingo García Sabell, Praza de Esteban Lareo Bloque 17 Sótano, A Coruña) o obradoiro “VIVIR COMO ENFERMA CRÓNICA”, pioneiro a nivel europeo, do que se beneficiarán en total 48 mulleres de esclerose múltiple e lupus.
Co lema "Educar en comunidade" comeza o vindeiro luns 29 de outubro o IV Congreso Internacional de Educared, no que participará o Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa presentación da experiencia educativa “Xestión de espazos Web no ámbito das ensinanzas superiores de música. Unha experiencia no ámbito da música de cámara”. Esta terá lugar o martes 30 ás 19:15 na sala Amsterdam do Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
Queremos facer chegar a este espazo da Rede as demandas da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, en relación a inexistencia de abastecemento e sanemanto integrais de auga na nos parroquia e aproveitamos para dar a coñecer a nosa web, http://www.mourenteunida.org
Podemos perceber, enfim, quê é que entende o BNG por serviços públicos, por umha rede de infantários públicos
Este goberno, non contento con proseguir coa coñecida política do partido popular de contratación de asistencias técnicas, adxudicacións pouco claras e creación de novos "chiringuitos" a conta do erario público, agora pretenden privatizar tamén os servizos públicos existentes na Xunta de Galiza. Ademais da xa coñecida publicación no DOG por parte da Vicepresidencia do concurso para a contratación dun servizo externo para levar a cabo a tramitación das adopcións na Xunta de Galiza, a Consellería de Presidencia non se queda atrás e segue na mesma liña. O seu titular, José Luis Méndez Romeu e o seu Secretario Xeral, Santiago Roura, acaban de formalizar a privatización do servizo de atención ao cidadán, coñecido como o 902 12 00 12 que, dende hai anos ven atendendo e informando telefónicamente aos administrados de todos os procedementos que se levan a cabo na Xunta de Galiza.
O custo actual deste Servizo para a Administración é de 228.949,32 €, o correspondente ao salario do persoal que traballa nel. O custo que suporá a partires de agora será de 1.733.000€ desglosados na seguinte maneira: 570.000 € para o ano 2007, 698.000 € para o ano 2008 e 465.000 € para o 2009. Hai que ter en conta que os traballadores actuais deste servizo, como persoal laboral fixo que son, seguirán prestando os seus servizos na Administración da Xunta polo que seguirán, como é lóxico, cobrando o seu salario.
A eficacia e bon funcionamento do Servizo non deixa lugar a dúbida, tal e como se pode comprobar nos informes diarios que rexistran cada unha das chamadas atendidas por este persoal. Polo tanto, nin dende o punto de vista económico nin dende o punto de vista do funcionamento do servizo tampouco se pode xustificar este procedemento, que, ademais foi levado a cabo de xeito premeditado durante o mes de vacacións co fin de que pasase o máis desapercibido posible, sen previa comunicación aos afectados/as nin aos seus representantes sindicais desta situación.
A estes feitos, hai que engadir que este servizo habitualmente traballa con datos confidenciais, tanto dos administrados como do persoal ao servizo da Xunta, dos que se vai a responsabilizar unha empresa privada. Quén vai garantir a partires de agora a confidencialidade no tratamento destes datos?. Só mediante a aplicación dos principios de publicidade, mérito e capacidade se garante ao cidadán que o traballo que se vai desenvolver na Administración da Xunta de Galiza, vai ser un traballo responsable, serio e eficiente. Ademais de que a Lei de Orzamentos regula as asistencias técnicas, afirmando que só se empregarán en casos puntuais, nunca en traballos que supoñan continuidade.
Ou é que isto vai supoñer unha nova porta de atrás para o persoal que traballe na empresa á que se lle adxudique o proxecto, que dentro duns anos poderá demostrar no xulgado a súa relación laboral coa Xunta de Galiza sen pasar uns procesos selectivos como é habitual nesta Administración?
Na CIG estamos en contra de calquera privatización dos Servizos Públicos polo que emprenderemos as medidas legais oportunas para desmantelar calquera irregularidade cometida pola Administración.
As AAVV de Nigrán, o colectivo Salvemos Monteferro e a Comisión de afectados, pediron ao concello que se condicione a aprobación do Proxecto de Urbanización do Polígono Empresarial Terciario ao estricto cumprimento da legalidade e a solución dos problemas atopados para garantir o desenvolvemento sostible.
A reunión mantida onte polo Concello e Zona Franca, con técnicos de ambas institucións non chegou a bó porto.
O pasado sábado día 20 celebrouse unha xuntanza da Rede Litoral Vivo na que se decidíu convocar unha manifestación o 17 de febreiro en Compostela. Tamén se acordou cambiar o nome da entidade polo de Rede Galiza Non Se Vende. Actualmente constitúen este movemento máis de 60 colectivos ecoloxistas e culturais de Galiza
Convocada unha manifestación de apoio para o domingo, 21 de outubro, ás 12.30 horas, na Alameda de Santiago.
Cortes de tráfico e concentracións diante das oficinas de Fomento en Lugo.
"Galiza non se vende" reunirá en Compostela á meirande parte das sociacións ecoloxistas de Galiza. Será o sábado 20 de outubro ás 12 h. na Galería Sargadelos
Hoxe Martes 16 de Outubro, o gaseiro non pudo acceder ó interior da Ría de Ferrol, por facerse imposible a navegación na mesma por estar pechada de néboa.
Noticia de Camarinas.eu
A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista.
Todo xa preparado para iste domingo 21 na pista polideportiva de Santo Adrao (Lourenzá) voltar a sentir a emoción dunha nova CARREIRA DA XORNADA entre Iván (Spaorting ) e Marcos ( Remourelle-bulls) que será retransmitida en exclusiva mundial polas indomábeis cámaras de TELE-VARAL. Iván recén fichaxe dos Sporting Petapouco procedente da EkipA quere demostrar fronte a un debutante na competición Marcos que o bó rendemento da pasada tempada non foi un espellismo.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.