Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Polo galego no Concello de Foz! Campaña da CiberIrmandade

Que acontece na Marinha coa sua língua?. "Foz dispone de mar, playa, patrimonio histórico, monte, naturaleza, fiestas, ferias, instalaciones deportivas, actividades lúdicas y todo el ambiente nocturno de la costa de Lugo". E a língua propia?

Enviada por KikodasLeiras KikodasLeiras o 27/10/2007 15:22

No web institucional do concello de Foz, non aparece o galego.Dezanove anos despois da promulgazón da Lei de Normalizazón Lingüística, o concello segue sen dar satisfación ás suas obrigas legais.Convidámoste a que lles achegues un correo no que lembrarlles que a lei hai que cumprila.Envía un email dende eiquí:

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,100/

Texto do Prego:

Estimado señor/a:

Para o seu coñecimento e efeitos, desexo manifestar o meu descontento polo menoscabo que coa língua propia deste país ten a entidade que vostede preside.Desexo facerlle constar que me agradaría que toda a documentación e publicidade, incluindo as súas páxinas Web que veño de visitar estivesen na miña língua.Coido que non está de máis lembrarlle algúns artigos da Lei 3/1983 de Normalizazón Lingüística, lei que estase a incumprir por entidades como a que vostede preside:

* Artº 4.1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma.* Artº 6.3. Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da língua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.

E tamén o disposto pola Lei 5/1988 do uso do galego como língua oficial polas entidades locais.* Diposición transitoria 1ª: As entidades locais que non estean en condicións de incorporar de contado o galego como lingua normal nos actos escritos da Administración dispoñerán dun prazo de dous anos a partir da publicación desta Lei para adoptar acordo sobre a realización material do disposto nela e darlle cumprimento (dous anos de prazo dende 1988, e xa pasaron case duas décadas).

Xa que logo, perante do seu incumprimento da Lei, esixolle un cambio completo de atitude, e que as suas páxinas Web, conxuntamente coa totalidade dos seus escritos, publicidades, etc. se fagan na língua propia deste pais.

NOME

DNI


GRAZAS POR COLABORAR


CiberIrmandade da Fala

- Caixa dos correios:: infoxeral@ciberirmandade.org
WWW:: http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: