Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os CAF convocan á FOLGA na Universidade pola suba das taxas

O mércores 31 outubro, folga na universidade galega.

CONCENTRACIÓN en Santiago de Compostela ás 12h. no Toral

http://www.comitesabertos.org/caf/portada.php

Enviada por SIBERIA SIBERIA o 30/10/2007 08:32

1.-Porque supón unha suba excesiva, 2 puntos por riba do IPC galego.
2.-Porque leva seis anos suibindo por riba do IPC: toda a lexislatura pasada do PP e o que vai desta co PSOE na Consellaría de Educación
3.-Porque o goberno galego non ten o control sobre as bolsas que eximen de pagar estas taxas: esas bolsas só as outorga directamente o Ministerio de Educación español.
4.-Porque pagamos máis taxas por menos e peores servizos
5.-Porque é mentira que estas subas non se noten: en tan só 5 anos a matrícula media subiu máis de 120 euros
6.-Porque desta volta a segunda matrícula é un 15% máis cara que a primeira, a terceira un 35%, e a cuarta un 50%
7.-Porque o Estado fíxanos o incremento mínimo das taxas.
8.-Porque o financiamento das universidades ten que incrementarse con cargo a un Plano de Financiamento e non aos prezos públicos.

CONCENTRACIÓN en Santiago de Compostela ás 12h. no Toral


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: