Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Solicitan que o Polígono de Porto do Molle (Nigrán) cumpra a legalidade, a Zona Franca négase.

As AAVV de Nigrán, o colectivo Salvemos Monteferro e a Comisión de afectados, pediron ao concello que se condicione a aprobación do Proxecto de Urbanización do Polígono Empresarial Terciario ao estricto cumprimento da legalidade e a solución dos problemas atopados para garantir o desenvolvemento sostible.
A reunión mantida onte polo Concello e Zona Franca, con técnicos de ambas institucións non chegou a bó porto.

Enviada por taurozen taurozen o 23/10/2007 14:00
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

As Asociacións denuncian que despois despois de transcorridos case seis meses dende a aprobación inicial do Proxecto de Urbanización do Polígono Empresarial-Terciario- SAU 9 de Porto do Molle, e despois de teren presentadas as alegacións ao mesmo en prazo e forma, non recibiron a día de hoxe contestación algunha, nin por parte de Zona Franca nin por parte da Administración Local.

A máximas preocupacións das asociacións veciñais céntranse en garantir as conexións viairas de comunicación con Porto do Molle para non colapsar a deficiente rede viaria actual, avaliar e garantir os efectos dos asulagamentos nas áreas exteriores ao polígono empresarial, correxir os taludes de terra entre outros.

As asociacións de veciños advirten que estas cuestións son irrenunciables para a aprobación do Proxecto de urbanización, a máis de informar unha mala xestión desta actuación acarrexaría problemas para o desenvolvemento do futuro PXOM e condicionaría o futuro de Nigrán. As consecuencias de un parque empresarial que incumpla a lexislación en diversos aspectos relacionados coa sostibilidade poden ser desastrosas para a ecoloxía e a habitabilidade de todo o Val Miñor.



Zona Franca négase a acometer as modificacións.

Zona Franca reafirma os seus pronósticos de asulagamento ainda que no informe das AVV, redactado por unha empresa externa, atopou graves deficiencias nos cálculos que Zona Franca non soubo responder onte diante dos técnicos e do equipo de goberno.

Os técnicos do concello reprocharon a Zona Franca que a documentación presentada ante concello era "incomprensible e confusa" ao que Zona Franca eludiu responsabilidade algunha.

A concellaría de Medioa Ambiente que dirixe o edil Juan Hermida considera irrenunciables os puntos solicitados a Zona Franca, puntos que coinciden coas peticións feitas polas asociacións de veciños.


Mais información no Portal do Val Miñor


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: