David Sánchez Costoia falece nun accidente de tráfico
Onte finou o compañeiro David Sánchez
Costoia. Alén do seu activismo estritamente político
como militante de GZN e Resp. local do BNG de Frades,
David traballou no ámbito estudantil dos 17 aos 23
anos, participando en movilizacións dos CAE e
concurrindo nas listas electorais dos CAF en Dereito e
Relacións Laborais (USC).
A súa perda déixanos consternados/as. A estrada, unha
vez máis, arríncanos a un incansabel loitador pola
liberación nacional.
O funeral celebrarse hoxe mércores 10 de outubro ás
18h. na Igrexa da Parroquia de San Martiño de Ledoira
(Frades)
David, sempre con nós, deixa semente de vencer.