CO RESPALDO E APOIO DA CIG, RECLAMAN A INMEDIATA READMISIÓN DE DOUS COMPAÑEIROS DESPEDIDOS POR PEDIR MELLORAS LABORAIS.
Os traballadores da empresa UTE PLOCOR 2, adicada á conservación da autovía A-6 e da N-VI, entre Lugo e Guitiriz, declaran folga indefinida na empresa a partires do día 15 de Outubro para reclamar a readmisión dos dous traballadores despedidos por reclamar melloras nas súas condicións laborais. Este feito que avalíamos coma gravísimo, amosa unha vez máis o pouco respeIto que teñen na empresa "CONSTRUCCIONES CORTIZO" que xunto con PLODER S.A. conforma esta UTE, pola lexislación laboral e os dereitos dos seus traballadores.Facendo unha rápida posta en situación; os traballadores de UTE PLOCOR 2 manifestanlle á dirección de empresa a necesidade de renegociar as súas condicións laborais, facéndolle chegar unha proposta sobre a cal comezar a negociar.A resposta da empresa veu dada en forma de despedimento fulminante de dous traballadores, nunha actitude claramente antisindical e que vai en detrimento das liberdades en materia laboral dos traballadores, máis propia de organizacións que teñen unha forma de actuar baseada no medo e a presión, que na marcada pola lei.Ante isto, os traballadores lonxe de amilanarse, convocan asamblea e deciden, sen un só voto en contra, a convocatoria de folga indefinida na empresa UTE PLOCOR 2 a partires do vindeiro día 15 de Outubro.Despois de todo isto, decir simplemente que os traballadores amósanse dispostos a negociar para evitar a folga, coa única condición de que sexan readmitidos nos seus postos os dous traballadores despedidos.Asimesmo, queremos, darlle un toque de atención ás diferentes administracións, sobre o feito de que empresas como esta, que prácticamente non teñen máis carga de traballo que a producida polas própias administracións, incumplan reiteradamente a lexislación laboral, o que denota a falta total de control por parte de ditas administracións, que deberan ser garantes e dar exemplo de boas prácticas laborais. SOLICITAMOS das diferentes administracións que se lle abra un expedente informativo a "CONSTRUCCIONES CORTIZO S.L." para dilucidar se cumple a lexislación, de xeito que, de non cumprila, lle sexan rescindidos os contratos en vigor; ademais, reclamamos que dunha vez por todas, a administración se involucre firmemente na defensa dos dereitos laborais esixindo que as empresas que fagan obra pública, cumplan escrupulosamente coa lei.