31 de maio de 2007. O conflito de
REGANOSA continúa coa
ofensiva xudicial contra os pescadores e mariscadores. Aos
600.000 € en perdas que reclama a empresa polo
Galicia Spirit hai que engadir outros
200.000 € do
Mourad Didouche. Alén disto, o patrón maior da Confraría de Ferrol,
Bernardo Bastida, detido o martes 29, ingresou onte no
cárcere de Teixeiro, de xeito
incondicional e sen fianza. Cando Bastida era trasladado ao cárcere, a Policía cargou contra mariscadores e membros do
Comité Cidadán diante dos xulgados causando varios feridos. Mira o
vídeo dos incidentes. ADEGA considera estas medidas
inxustas e desproporcionadas e lembra á xustiza que defender a legalidade, o ambiente e a saúde non pode ser delicto.
Segue atento ás novidades. REGANOSA FÓRA DA RÍA!