Vieiros

Vieiros de meu Perfil


É necesaria a unión de todas as persoas que defenden o sistema democrático para lle facer fronte á ameaza terrorista

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia condena a decisión de ETA de suspender o cesamento do fogo e insta a abandonar as loitas partidistas para conseguir derrotar o terrorismo

A Comisión Executiva do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) condena enerxicamente o último comunicado da organización terrorista ETA pola que se anuncia a fin do cesamento do fogo e o regreso ás accións armadas.

Enviada por SN_CCOO SN_CCOO o 05/06/2007 17:25

Como organización sindical, CCOO avoga polos dereitos e as liberdades non só dos traballadores e traballadoras, senón de toda a cidadanía, xa que é dentro desta que a súa actividade cobra sentido.

Desde CCOO consideramos que hoxe máis ca nunca cómpre o traballo conxunto de todas as persoas que defendemos o sistema democrático para combater a ameaza terrorista. Isto só se pode conseguir ofrecendo unha unión sen fisuras que estea por riba das siglas e das disputas partidistas.

Unha vez máis, ETA demostrou que non cre nin na democracia nin no diálogo, que prefire que falen as armas e non as persoas. Pero malia as ameazas, non poderá silenciarnos se actuamos cunha soa voz.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: