CCOO apoia esta nova concentración/manifestación e agarda que a participación activa das traballadoras e traballadores do SDCIF e a unidade sindical logren mudar a actitude da Administración
Por cuarta semana consecutiva, mañá, xoves 7 de xuño ás 10h, o persoal laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (SDCIF) volve manifestarse diante da Dirección Xeral de Montes (San Lázaro - Santiago de Compostela). A situación repítese porque após máis de 17 meses de negociación, os responsables da Consellaría do Medio Rural (da que depende Montes) teñan dado resposta «ás lexítimas demandas do persoal do SDCIF», informan representantes do colectivo profesional.
Acordos do persoal
Na asemblea celebrada o pasado 15 de maio en Silleda, o persoal do SDCIF acordou convocar concentracións/manifestacións continuadas en Santiago diante das instalacións da Dirección Xeral de Montes (barrio de San Lázaro) «para esixir o desbloqueo da situación na que se atopa esta negociación», con silencio administrativo desde hai ano e medio.Tamén se acordou convidar todas as organizacións sindicais para apoiar estas reivindicacións, para que desde a unidade se poida conseguir «un bo acordo de condicións laborais» para estes profesionais.
Apoio de CCOO
Como ven facendo até o de agora, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) apoia este acto de protesta, e agarda que a participación activa das traballadoras e traballadores do SDCIF e a unidade sindical fagan mudar de actitude aos responsables de Medio Rural para conseguir «unha saída negociada a este longo conflito laboral» antes da temporada de alto risco de incendios.