Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participará en Italia nunhas xornadas para avaliar algúns dos máis importantes retos para o sindicalismo español. O seminario, que decorrerá entre os días 6 e 7 de xuño na Rexión Emilia (situada ao norte do país transalpino), leva por título «O problema da non autosuficiencia e da Seguridade Social; dúas realidades confrontadas: sistema legal e experiencias sindicais en España e en Italia».
Integrarán a representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia o secretario de Acción Sindical Internacional, Francisco Xavier Montero Dongil; o secretario de Política Institucional, Xosé Manuel Fernández Pérez; a secretaria de Servizos da Unión Comarcal da Coruña, Adela Poisa Baños, e o secretario xeral da Federación de Pensionistas, Carlos Mella Teijo.