Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Miles de persoas maniféstanse en Ferrol en defensa da vida e do medio ambiente

Este domingo, ADEGA participou na concentración en Ferrol contra a planta de gas de REGANOSA e pola inmediata liberación do patrón maior, Bernardo Bastida. Esta concentración e o seu masivo seguemento supuxo a definitiva caída dos muros de silencio erguidos en torno a REGANOSA.

Enviada por ADEGA ADEGA o 04/06/2007 14:31

As nosas reivindicacións, continúan sendo as mesmas: a ubicación da regasificadora en Mugardos non é a máis axeitada, supón un grave risco para a saúde e o medio ambiente, e a súa tramitación é un exemplo de prepotencia e escurantismo institucional. A día de hoxe a situación da fatoría segue sendo irregular, con sentenzas xudiciais pendentes. Malia todo, as administracións preferiron ir pola vía dos feitos consumados e da represión contra a confraría e os ecoloxistas, que só defendiamos a legalidade e o dereito á vida e ao medio ambiente.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: