Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
CAMPIONATO OFICIAL DE KICKBOXING EN LALIN
24/03/2009 22:56

CAMPIONATO OFICIAL DE KICKBOXING EN LALIN

FEDERACIÓN GALEGA DE KICKBOXING
CAMPIONATO GALEGO


24/03/2009 19:49

A FPG non é unha corrente sindical

Aclaración recibida ao fío da información publicada por Vieiros este luns (http://www.vieiros.com/nova/72842/upg-fpg-e-un-sector-de-pola-base-alianse-de-cara-ao-vindeiro-congreso-da-cig)



23/03/2009 18:48

O Observatorio da Mariña pola Igualdade a prol dunha Lei do Aborto

O Observatorio da Mariña pola Igualdade constituíse formalmente en marzo de 2008, tendo entre os seus obxectivos o de velar, dentro da nosa comarca, polo cumprimento dos dereitos humanos das mulleres


FESTA GALEGO IRLANDESA NA REVIRA
20/03/2009 16:15

Festa galego-irlandesa na Revira

Amanha Sábado a partires das 20:00



20/03/2009 11:12

O SXG esixe a fin da precariedade entre os xornalistas da Xunta

O Sindicato reclama unha categoría profesional que permita aos informadores da Administració n máis independencia respecto ao partido que goberne


Acto en Lugo: "A Peneira. 25 anos de xornalismo en galego"
19/03/2009 22:15

Acto en Lugo: "A Peneira. 25 anos de xornalismo en galego"

A Asociación Cultural Cultura do País, recentemente creada en Lugo, organiza unha nova actividade que terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo ás 20:00 horas na Galería Sargadelos (Pza. de Santo Domingo). No acto intervirán Guillerme Rodríguez (director d'A Peneira) e Antón Fernández Escuredo (redactor xefe).


18/03/2009 21:35

O galego en situación de emerxencia

O Mapa Sociolingüístico confirma que o galego está nunha situación de emerxencia. A Mesa reactiva as mobilizacións en defensa da lingua.


18/03/2009 13:01

The World

El recién elegido presidente de la Junta de Galicia afirma públicamente que su escritora favorita es Rosa del Poblado (Rosalía de Castro en lengua gallega), la cuál dice literalmente en uno de sus poemas que aborrece a los castellanos.


VI CONSPIRANDO por unha radio libre, xoves 9 de abril 2009. O Inferno. Ferrol.
16/03/2009 23:19

VI CONSPIRANDO por unha radio libre, xoves 9 de abril 2009. O Inferno. Ferrol.

Un ano máis, o Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM, volverán ao Inferno en plena semana "santa". Será o sexto festival no que, estes dexenerados da radio, celebrarán as emisións da emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM.  A cita: o xoves "santo", 9 de abril de 2009, no Inferno.


14/03/2009 12:40

A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PECHADA “POR REFORMAS”

 A CIG-Autonómica esixe que non se paralice o normal funcionamento da Administración Autonómica.


14/03/2009 02:54

Rebumbio no taboleiro político Arxentino polo adianto das eleccións lexislativas ao mes de xuño

    A presidenta Cristina Fernández fixo o anuncio oficial da convocatoria para o día 28 de xuño, baseada na necesidade do fornecemento das políticas sociais fronte á crise, e máis aló das posicións persoais. Segundo a oposición o goberno fai o anuncio coa fin de liscar dun feixe de derrotas nas vindeiras eleccións na cidade autónoma de Bos Aires, máis na provincia de Corrientes. O xefe do movemento Xusticialista, o ex presidente Nestor Kirchner, uliscou ao lonxe o cheiro da crise no seu partido, logo da derrota nas eleccións na provincia de Catamarca, onde antigos aliados déronlle as costas.


Baixo Ceo, exposición fotográfica de Melki Chichery no COAG da Coruña
13/03/2009 09:00

Baixo Ceo, exposición fotográfica de Melki Chichery no COAG da Coruña

  Unha magnifica mostra fotográfica sobre o descontrol urbanístico, que non deixará indeferente a ninguén


12/03/2009 22:54

Ser pobre na América Latina

  A grande nación que soñaron fai xa douscentos anos os pais fundadores, é hoxe unha rexión con atrancos nos ideais de liberdade e prosperidade. Neste tempo os gobernos non tiveron a capacidade para desenvolver e artellar unha mecánica a prol de xerar un crecemento forte e sostible Así e todo a herdanza non é unha cadea e se cadra neste oco do mundo é posíbel saír da marxinación e da pobreza. O soño dos devanceiros coa construción dunha sociedade máis xusta e ceibe, é o alicerce da converxencia nun proxecto de futuro coa ineludible autocrítica, e asumindo os erros do pasado na busca de agromar unha rexión rica e abondosa, co fornecemento das coberturas sociais cara aos sectores máis prexudicados.


11/03/2009 18:36

Última hora: Há vida inteligente no BNG!

Acabei de ler o documento dos bloqueiros blogueiros, e näo posso estar mais de acordo - excepto no que diz respeito ao lusismo.


11/03/2009 12:01

Paremos a venda da Universidade

Na nosa realidade, o pensamento e a práctica económica
neoliberais son as que orientan e impulsan as reformas
universitarias. No contexto do noso País, unhas
políticas universitarias esbozadas en Bruxelas,
referendadas en Madrid e asumidas acriticamente polo
Goberniño da Xunta, veñen a asegurar un futuro de
dependencia colonial para o noso pobo.


10/03/2009 18:58

Comunicado do Movemento pola Base

A Mesa Nacional do Movemento Pola Base quer manifestar o seguinte a todos os medios de comunicación:


09/03/2009 21:02

Por um BNG de futuro e com futuro

Militantes do BNG promovem o debate desde as bases


06/03/2009 02:20

O refuxio Arxentino do bispo Williamson

O bispo Richard Williamson máis outros cregos están vencellados a unha confraría nomeada Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, baseada nos ideais do bispo conservador francés Marcel Lefebvre, que leva moitos anos acollendo aos seareiros do movemento lefebvrista, que negan o Concilio Vaticano II do ano 1965, a estes ocos da igrexa Arxentina están vinculados cregos e bispos achegados ás forzas armadas que produciron o golpe militar do ano 1976, ou integrantes dos movementos nacionalistas de ideas neonazis. Logo que o bispo Williamson, máis outros tres bispos foran excomungados polo Papa Xoán Paulo II no ano 1988, o actual Papa, Bieito Dezaseis, levantou a excomunión, nun xesto de paterna misericordia avogando pola unidade da familia cristiá. Nese intre o bispo Williamson fixo no mes de novembro do ano 2008 unhas declaracións á televisión de Suecia de ton antisemita negando a existencia do HOLOCAUSTO xudeu, a existencia das cámaras de gas nos campos de exterminio nazi e diminuíndo a magnitude dos mortos.O goberno arxentino ditou fai xa un tempo unha orde pola que convidou ao bispo Richard Williamson a deixar o país axiña, polo rebumbio social e a ofensa ao pobo xudeu coas súas declaracións antisemitas.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.