A mostra ten lugar no Liceo Marítimo de Bouzas de Vigo e consta de 60 maquetas de barcos de todas as épocas.
Mergullado na crise mundial, malia o seu propio atranco, o xigante asiático busca afondar negocio e investimento nos países da América latina e o Caribe. Co fin de salientar os obxectivos chineses na comunidade latinoamericana, e axudar aos pobos da rexión na comprensión da súa política exterior, o presidente Hu-Jintao presentou ao abeiro da xuntanza pola crise financeira mundial o "Libro Blanco sobre América Latina"
Sacade as vosas sucias mans da nosa tribo!! A Fundación Nacional do Indio do Brasil contratou un avión dotado dun sensor capaz de detectar a distancia a presenza humana pola temperatura do corpo , calcula que existen 39 tribos na zona máis mesta do Mato Grosso aínda non contactadas.
O Presidente pediu ós seus ministros o acompañamento coa desición, os que secundan a lei negaronse a asinar o veto, o feito desatou a crise no goberno. O día 11 de novembro o Senado Uruguaio aprobou o polémico proxecto da nova Lei de saude na reproducción e a sexualidad que inclue a despenalización da práctica do aborto. O Uruguai e o primeiro país de latinoamerica que tenta rexir e lixislar o aborto, a caron del Arxentina discute dende fan vinte e cinco anos a vixencia dunha lei que o regulamente.
O servizo de información de dereitos sociais e a comunidade cristiá do "Cristo da Victoria" convocan unha xornadas de reflexión co título "Dereitos sociais e cidadanía".
O grupo Precarias en Loita convoca o Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda, que será o sábado 15 de novembro ás 17.00 nas ruínas do edificio Bandeira (cruce Jenaro de La Fuente e Aragón).Desta vez percorreremos as rúas próximas ao Calvario, nunha comparsa festiva e reivindicativa para sinalar e denunciar a especulación, vivendas abandoadas, etc. Remataremos ás 19.00 cunha proxección do documental "A cidade perdida" no LS Faísca r/Toledo,9 (tras a igrexa dos Picos).
TRAC, grupo de rock & blues, actúa este sábado 15 de novembro ás 23,00 horas no clube Joana´s place da Coruña, na rúa Pondal nº 4.
Coa presenza dos autores que asinarán os exemplares que estarán á venda, e persoeiros da cultura, autoridades, mailo Cónsul Uruguaio, a xuntanza será na sede da Asociación de Uruguaios "25 de agosto" da Coruña, o vindeiro sábado 15 de novembro na praza do Comercio 2 baixo, A Coruña, ás oito do serán.
Cumprironse trinta e cinco anos da súa morte na defensa da democracia, e cen do seu nacemento.
O día once de setembro, co gallo dos trinta e cinco anos do golpe militar que instalou no poder ó xeneral Pinochet e os seus comprices, a presidenta de Chile Michelle Bachelet amosou á prensa a restauración do salón onde o presidente constitucional Salvador Allende exerceu a súa maxistratura, e perdeu a vida na defensa do goberno democrático.
Os participantes plantexan a dubida coa celebración, malia o custo que tivera a independencia nos países da América hispanica.
O foro comeza a súa andaina en Sevilla coa cuestión e a dubida da existencia dalgún feito que celebrar, seica a independencia misma, queda a certeza cá devandita independencia foi lograda ás costas dos pobos da América.A pegada dos héroes da independencia queda só no bronce das estatuas, de xeito que a súa condición sobrehumana contrasta cos actuais políticos de moito principio e poucos escrúpulos.
A Asociación pola Defensa da Ría critica a "agresividade e descualificacións" adicadas ao colectivo por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.
Non a Esquezas, Ela Falaríao é a nova campaña de 12 lúas. Campaña a prol da lingua galega.
Cós efectos da crise financeira mundial, as denuncias polos despidos acochados na banca e as AFXP, a desaceleraración da actividade industrial, pon ó goberno na procura da redución dos feitos da crise no mercado laboral.
Foi o pianista de Astor Piazzolla e é autor de máis de cento cincuenta obras músicais.
O premio esta adicado á apertura e á innovación na difusión da música contemporánea e á creación vencellada ó dialogo entre o pasado e o futuro, cunha linguaxe compositiva dirixida ás audiencias da diversidade.
Cambiamos de msn groups a multiply
Este mês de Novembro a A.C. A Revira, em colaboraçom com a AGAL, organiza um ciclo de cinema brasileiro em V.O.S. As legendas estam em galego-português para facilitar a aprendizagem e melhora lingüística.
Os filmes projectaram-se todas as sextas feiras às 21 da noite.
7 de Novembro:
Terra Estrangeira
[Filme luso-brasileiro de 1996, do gênero suspense, dirigido por Walter Salles e co-dirigido por Daniela Thomas.]
14 de Novembro:
O ano em que meus pais saíram de férias
[Filme brasileiro de 2006, do gênero drama, dirigido por Cao Hamburger.]
21 de Novembro:
O Céu de Suely
[Filme alemão-brasileiro-francês de 2002, do género drama, dirigido por Karim Aïnouz.]
28 de Novembro:
O que é Isso Companheiro
[Filme brasileiro de 1997, do gênero drama, dirigido por Bruno Barreto.]
--
http://revira.agal-gz.org/
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra
Esta quarta-feira 5 de Outubro às 20 horas terá lugar a inauguraçom da exposiçom de Manuel Pérez Martínez "Arenas", preso político antifascista.
A amostra estará na sala Raimundo Patinho até o 22 de Novembro.
--
http://revira.agal-gz.org/
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra
O rigor e eficacia dun plan xeral radica na solvencia do seu contido e en garantir a súa posibilidade de xestión .
En épocas de bonanza a tendencia do planeamento é a de habilitar áreas de novos crecementos e coa crise politicas camiñan pola consolidacion do existente
Chega o Outono e com ele as castanhas. Ao igual que outros anos desde A Revira organizamos umha saída para apanhá-las o vindouro domingo 2 de Novembro. Sairemos desde o local às 10 da manhá, trazede jantar e calçado cómodo. Aguardemos que a sáida seja exitosa pois com as castanhas apanhadas celebraremos o sábado 8 o Magusto, acompanhado dumha foliada, pam com chouriço e umha boa queimada. Todo isto a partir das 10 da noite.Aguardamos ver-vos polo local!!
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.