Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
MIG 08. Foro das Migracións Latinoamericanas
27/12/2008 15:49

MIG 08. Foro das Migracións Latinoamericanas

A Faculdade de Educación da UNED de Madrid organizou o 16 e 17 de dicembro de 2008 o Foro das Migracións Latinoamericanas no marco da CÁTEDRA ANDRÉS BELLO con participación de profesores galegos.


23/12/2008 20:38

A Consellaría de Presidencia, AA.PP. e Xustiza do sr. Méndez Romeu ten previsto despedir a máis de 50 persoas.

50 traballadoras/es que van a recibir de agasallo de Nadal un despido.

Para perpetrar esta falcatruada convocan unha Comisión de Persoal extraordinaria para facer de tapadillo unha privatización descarada dos servizos públicos.


23/12/2008 14:58

CEA 3º ANIVERSARIO A.C. LEFRE DE CALDERETA

O sábado 27 de decembro a Asociación Cultural Lefre de Caldereta de Ferrol, celebra o 3º aniversario da asociación cunha cea e festa rachada no restaurante de Fimo (A Malata), onde se entregarán os premios Caldereta de Honra e Caldereta do Ano.


21/12/2008 23:17

Fillos e netos dos galegos emigrados nos anos 1936 a 1955 poderán recuperar a nacionalidade

  A nova deixa fóra, disque vinte mil netos e netas de emigrantes, o PSdeG pensa no futuro buscar unha solución a estes casos, seica di que a meirande parte dos fillos e netos acadarán os beneficios da lei, só ficaran fora unha pouca cantidade de descendentes dos que emigraron aos finais do século dezanove e a primeiros do século vinte. O corenta por cen dos emigrantes que retornaron do estranxeiro fixérono dende Latinoamérica.


Un conto de Nadal...
20/12/2008 21:33

Un conto de Nadal...

¿Resistencia?   Sí, estamos a tempo de resistir,  nesta terra nósa que nin foi de Fenosa nin será do City Bank mentres haxa cidadáns dispostos a plantar cara ao futuro incerto e construir os nosos soños milenarios alén das ‘sacas’ que algúns aventan coma pantasmas dende escanos roubados ó pobo e á cidadanía… Podemos!


ZAPATERO & MAQUIAVELO
20/12/2008 10:42

ZAPATERO & MAQUIAVELO

Frecuentemente o éxito na política radica na arte dos seus charlatáns


ASTANO: e Zapatero falou
20/12/2008 09:27

ASTANO: e Zapatero falou

A contratación naval no do mercado mundial vive unha época de bonanza como nunca se recorda, e como referencia cifrar que na actualidade a carteira de pedidos globalizada, supera os 10.000 buques, unha realidade cuantitativa sen parangón na historia da navegación, pois iso significa que un terzo da flota mundial está na carteiras comerciais dos estaleiros


17/12/2008 00:34

MOSTRA ARTISTICA MULTICULTURAL NA ASOCIACIÓN DE URGUAIOS DA CORUÑA

 
A Asociación de Uruguaios 25 de agosto da Coruña convida á primeira mostra artística multicultural e de artesanías


13/12/2008 13:15

Arxentina celebra os vinte e cinco anos de vida en democracia, e enxalza a figura sobranceira do ex presidente Raúl Alfonsín

O día dez do mes de decembro do ano 1983, a Arxentina soterrou unha longa ditadura, a máis sanguenta de todas-las que asolagaron o país de sudamerica ao longo da súa historia. O medio século de ditaduras militares botaron raiceiras e xeraron unha sociedade pouco afecta á tolerancia, o dialogo e a pluralidade política. Raúl Alfonsín político arxentino, é neto de emigrantes galegos e ten os seus devanceiros na vila pontevedresa de Lalín, convocou aos cidadáns a construír unha nova democracia para todos, saía o país dunha longa noite de violación masiva dos dereitos humanos pola acción do estado e a indiferenza colectiva.


GALICIA BILINGÜE vs CONSELLO DE EUROPA
12/12/2008 20:14

GALICIA BILINGÜE vs CONSELLO DE EUROPA

Galicia Bilingüe foi, recentemente, co seu circo a Estrasburgo. Pero, parece que alá tampouco tivo moito éxito.


10/12/2008 22:25

Novo ataque á memoria

Recollido en AugasCeives.

Hai pouco máis dun mes, o investigador de Cuntis Héitor Picallo recibía un anónimo en relación co seu libro recentemente publicado sobre a figura de Xohán Xesús González (prologado por X. L. Méndez Ferrín). Recentemente puidemos ter acceso e coñecer de primeira man esta nova agresión do neofascismo que parece chegar dende os púlpitos das escuras covas ancoradas no 36. Fronte a eles, nin un paso atrás!!


Ipernity xa está en galego
10/12/2008 10:59

Ipernity xa está en galego

Xa está en liña o Ipernity en galego, un dos servizos máis interesantes da Rede 2.0, O proxecto naceu dunha simple idea en maio de 2004: « Comparta o que queira con quen queira ». Un desexo que pode resultar evidente, pero que daquelas aínda non fora satisfeito na xungla dos servizos de Internet. Vexan a noticia no blogue do proxecto.


09/12/2008 21:18

"I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE"

¡O son e a festa galega na terra do "Bosque Animado": en terras de Cecebre!.


Palestra sobre a alimentaçom na Revira
07/12/2008 12:24

Palestra sobre a alimentaçom na Revira

Vindouro Sábado día 13 de Dezembro na REVIRA


Buscando Colaboradores e Participantes
02/12/2008 18:35

Buscando Colaboradores e Participantes

12 lúas está a buscar colaboradores e participantes para este proxecto. Se sabedes de alguén. este é o  noso mail: 12luas@gmail.com

E esta a nosa páxina web http://12luas.blogspot.com

Unha fiestra para amosar as vosas inquedanzas e habilidades.


REMATOU A FESTA,  AGORA TOCA ABONAR A CONTA
01/12/2008 17:56

Rematou a festa, agora toca abonar a conta

Os plans de rescate, cuxo deseño foi elaborado pola clase política, resultan ser un estrepitoso fracaso e denotan que a súa concepción dista de ser unha solución restauradora do crebado panorama financeiro


C'mmons baby#20 (portugal, aí ao lado)
28/11/2008 01:38

C'mmons baby! #20 (Portugal, aí ao lado)

C'mmons baby! é un podcast en galego sobre músicas baixo licenzas copyleft que se distribúe na rede por Ego99 Radio de México e polas ondas en Rádio FilispiM.


A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA
26/11/2008 17:04

A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA

Aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos "chiringuítos"  que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano


Créase o primeiro Club Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
24/11/2008 14:44

Créase o primeiro Club Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O Club de Lectura Virtual Universitario Galicia-Norte de Portugal consiste nunha plataforma electrónica que sirve como punto de encontro da comunidade universitaria galega e portuguesa do norte, e á sociedade en xeral, para o fomento da lectura nas linguas da Eurorrexión.


Primeira guía no Estado de relacións laborais no xornalismo
23/11/2008 18:39

Primeira guía no Estado de relacións laborais no xornalismo

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) presentou este sábado en Santiago a primeira guía de relacións laborais especializada no xornalismo que se edita en España. Con 2.000 exemplares en galego nesta primeira tirada, o "Manual de Relacións Laborais no Xornalismo" é obra de Fabián Nevado, especialista en negociacións colectivas e secretario de acción sindical do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC).



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.