Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOSTRA ARTISTICA MULTICULTURAL NA ASOCIACIÓN DE URGUAIOS DA CORUÑA

 
A Asociación de Uruguaios 25 de agosto da Coruña convida á primeira mostra artística multicultural e de artesanías

Enviada por osimon osimon o 17/12/2008 00:34

  A Asociación de Uruguaios 25 de agosto da Coruña convida á primeira mostra artística multicultural e de artesanías, coa presenza dunha persoa que explicara o proceso de fabricación da nosa gaita galega, e unha inmigrante latinoamericana artesa en colares de sementes, haberá artistas do Uruguai no eido da pintura e das pedras semipreciosas.
A mostra cuxa entrada é libre e de balde levarase adiante os días sábado vinte e domingo vinte e un de decembro. O día sábado vinte á una da tarde será a inauguración oficial da mostra, nesta ocasión servirase un viño de honor aos que acudan.
 A asociación convoca a tódalas persoas que desenvolvan algunha actividade artística o artesanal e desexen expoñer a súas obras, ou os seus traballos, tanto aos profesionais coma afeccionados, tomaren contacto coa asociación, no enderezo así mesmo ás ligazóns telefónicas ou ao correo electrónico.
DÍAS SABADO 20 e DOMINGO 21 DE DECMBRO
HORARIO: 11:00 ás 14:00 hs. Mañas, 20:00 ás 22:30 hs. Tardes

Asociación de Uruguaios"25 de agosto" da Coruña, Praza do Comercio nº2 baixo. C.P.15010 A Coruña
Teléfonos   (+34)696371135 (+34)665939348 - (+34)68596941
rodelu25deagosto@yahoo.es


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: