Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA

A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA

Aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos "chiringuítos"  que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano

Enviada por galdo galdo o 26/11/2008 17:04

  Non foi a climatoloxía adversa da mañá do 23 de novembro a que mollou ás entidades que conforman a Asociación Impulsora do Plan Ferrol, máis ben, foi o exiguo respaldo que recibiu a súa reivindicación a pesar da súa orquestrada campaña e a súa busca de adhesións, a realidade, é que os concentrados no peirao de Curuxeiras non acadaban os 500 manifestantes, por tanto os promotores deste desastre (Srs. Cruz , Abelleira, Pintos, etc.), á vista dos feitos deben proceder en consecuencia e abandonar de inmediato a súa pertenza en publico exercicio coa autodisolución da (AIPF), que en síntese non cumpre outra función que a de parapeto do goberno do partido socialistas ( PSOE) e  cuxo interese pola comarca é de sobras coñecido. Pero aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos "chiringuítos"  que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano, como no seu día foino a ZUR , ZID, etc., e esta conclusión que a parte de vir referendada pola realidade do feitos, refórzao a participación na manifestación de destacadas estrelas de universo socialista como son, o  sen  igual alcalde de Ferrol e  o seu homónimo e celebérrimo alcalde o Fene, que facendo un alarde de rigor e consecuencia coa súa presenza no acto, simulan plantarlle cara ao executivo de Zapatero, é dicir, unha nova versión da Divina Comedia, o que ocorre neste caso é que o autor non é Dante Alighien senón un aprendiz de bruxo lucense denominado Pepiño Blanco....pero a verdade é que a representación resultou  antolóxica! O presidente da Cámara de Comercio, Sr Cruz, que á súa vez exerce de presidente de quenda da AIPF, é por conseguinte a tempo presente o responsable máximo do fracaso desta odisea, e conta entre as súas fazañas coa desafortunada decisión de vincular a pertenza do ente cameral a este armazón a través dun exercicio de dubidosa lexitimidade, claro que a partir da data, terá que responder ante os asociados das razóns que ampararon a súa nefastas determinación e o porqué da mesma, cando as propias cámaras de comercio teñen resortes e fortaleza suficientes para promover a defensa dos intereses dos seus asociados sen necesidade de establecer anómalos procedementos nin alianzas atípicas que máis beneficiar a súa imaxe corporativa prexudícana. Por tanto, son  de agardar  as xustificacións convincentes, en evitación a ter que pensar que alguén é presa do endeusamento e que o seu credo ha terse  asumido como un acto de fe. . Pero retomando os feitos, en orixe é completamente inaudito que os conformantes da Asociación Impulsora do Plan Ferrol renunciasen a preferenciar como reivindicación estrela  o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Fene, pero un análise de súa composición, achega razóns de vidro  transparente, tendo en conta que dentro da referida asociación conviven posturas encontradas con tendencias políticas dispares, existindo asemade  sectores que deben súa  responsabilidade á obediencia gregaria dos seus superiores orgánicos, e entendible que non queiran apoiar esta demanda, por canto eles mesmos son responsables directos da actual situación, ao referendar coa súa firma a defunción de ASTANO, e iso, é un argumento mais que suficiente  para cuestionar a funcionalidade desta plataforma que de orixe naceu impedida e por tanto exenta de funcións locomotoras, a mágoa  é que outros se presten a cumprir o papel de muleta. Por este motivo, ao conto de pita cega, os cidadáns da comarca téñenlle apatía, como quedou demostrado este domingo de novembro, e  por se non se deron conta, coa súa ausencia enviáronlles unha mensaxe que lles resumo por se non saben ler entre liñas " antes de pedir nada novo, devólvanlles o que lle quitaron,  e iso chámase ASTANO".E evidente que os aludidos poden poñer réplica ao exposto,  pero conten que o autor no estraga pólvora en salvas.Asdo :- Xosemanuel Galdo - Fonte


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA