Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Arxentina celebra os vinte e cinco anos de vida en democracia, e enxalza a figura sobranceira do ex presidente Raúl Alfonsín

O día dez do mes de decembro do ano 1983, a Arxentina soterrou unha longa ditadura, a máis sanguenta de todas-las que asolagaron o país de sudamerica ao longo da súa historia. O medio século de ditaduras militares botaron raiceiras e xeraron unha sociedade pouco afecta á tolerancia, o dialogo e a pluralidade política. Raúl Alfonsín político arxentino, é neto de emigrantes galegos e ten os seus devanceiros na vila pontevedresa de Lalín, convocou aos cidadáns a construír unha nova democracia para todos, saía o país dunha longa noite de violación masiva dos dereitos humanos pola acción do estado e a indiferenza colectiva.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 13/12/2008 13:15

O día dez do mes de decembro do ano 1983, a Arxentina soterrou unha longa ditadura, a máis sanguenta de todas-las que asolagaron o país de sudamerica ao longo da súa historia. O trinta de outubro do devandito ano 1983 os arxentinos encheron as urnas cos votos da condena aos militares, que no goberno aseguraron aínda ficaban ben gardadas, e iniciaron o maior período institucional da historia. Raúl Alfonsín convocou aos cidadáns a construír unha nova democracia para todos, saía o país dunha longa noite de violación masiva dos dereitos humanos pola acción do estado e a indiferenza colectiva. O medio século de ditaduras militares botaron raiceiras e xeraron unha sociedade pouco afecta á tolerancia, o dialogo e a pluralidade política.

O desenvolvemento económico, as transformacións sociais, a afirmación das pescudas e a historia da ditadura, cos diversos conxuntos da sociedade ligados aos antigos e novos movementos políticos, as divisións da poboación coa pegada das novas manifestacións sociais polas melloras do acceso ao traballo e a vivenda, cunha adiantada visión da realidade política e social polo colectivo universitario. A débeda pendente a resolver é a pobreza, cunha distribución máis axeitada da riqueza, asegurando a igualdade coa inclusión dos depauperados e os excluídos pola rotura social que agroma das políticas socioeconómicas agresivas e non solidarias, e o reto para alcanzar ao final unha sociedade de homes ceibes.

Raúl Alfonsín político de prestixio aínda durante as tempadas finais do goberno da ditadura militar, pola súa oposición ao desembarque nas illas Malvinas e a guerra contra o imperio Británico. Milleiros de arxentinos se ilusionaron co retorno do exilio forzado ao que foran levados pola acción dos grupos violentos nos últimos intres do goberno peronista, agravado na ditadura coa persecución e o risco da vida pola represión violenta das forzas militares. A súa figura sobresae nunha área complexa a carón dos países que aínda ficaban en ditadura, a transición convertese nun labor de titán, illado só contra a igrexa católica e o presidente dos EUA Ronald Reagan, o seu traballo pola liberdade o leva ao estranxeiro na busca da paz no sur de Latinoamérica e a loita a prol do fin da cruenta ditadura chilena. Afoutar e espallar a orde da democracia polos países da América latina onde seguen habendo ditaduras, apoiando os procesos democráticos que liberen estas nacións das tiranías violentas e dogmáticas coma xeito de acadar a arelada liberdade, co dereito ao voto libre e a expresión dos cidadáns.

Deu pulo ás persoas a participar na construción do futuro, asociado ao progreso do país e a democracia por riba dun peronismo antigo e violento, un partido político que presumía do favor dos obreiros e os marxinados malia apoiaba o auto indulto das forzas armadas golpistas e asasinas que abandonaban o poder. O presidente Alfonsín foi a figura senlleira que enfronta a loita e a rotura coa impunidade, máis o xuízo e castigo ás xuntas militares de goberno culpables do terror da represión ilegal. Tentou legar para o futuro á mocidade unha nova visión da democracia, a liberdade e o desafío dunha sociedade das ideas e non das armas, non obstante dos grupos corporativos que se resisten á perda dos privilexios e a revisar o pasado. Vítima dos feitos máis noxentos no país que o condenan dun xeito lapidario negándolle o prestixio por unha banda, e pola outra pórse a carón da súa figura, modelo dunha época e exemplo libertario, na busca do altruísmo e a hexemonía que a súa propia mediocridade lles impide lograr por propios méritos persoais.

Na procura de alentar a xustiza co castigo aos persoeiros da ditadura, o progreso da diversidade e a convivencia entre as culturas, deu impulso á comisión sobre a desaparición forzada das persoas e o consello pola consolidación da democracia, tentando deixar unha forte pegada democrática longa e duradeira no tempo, que foi rexeitada polas clases autoritarias e sindicais. Restablecemento dos valores perdidos nos anos de enfrontamento e violencia, pescudar no pasado e recuperar a verdade sobre os milleiros de desaparecidos e afianzar que no futuro os feitos non se repitan "nunca máis".

O escritor Ernesto Sabato convertese nun intelectual na busca, sen vinganza, da verdade e a xustiza, e acepta presidir a comisión sobre la desaparición forzada das persoas, coa idea de botar claridade sobre un período tebroso no que as persoas que na procura do cumprimento dos seus ideais perderon a súa vida o foron "desaparecidas" polas forzas da represión no nomeado "proceso de reconstrución nacional" e nos crueis "actos de servizo" levados adiante cunha certa mistificación, cun senso aínda relixioso e co apoio das xerarquías da igrexa católica. A tarefa da busca da verdade na pescuda dos delitos co fin de xulgar aos persoeiros civís e militares, nos tribunais desenvolvidos pola constitución e coa seguridade dunha acadada defensa legal, tentando deixar a pegada do futuro da democracia co poder civil na figura dun presidente constitucional e coas forzas armadas baixo as súas ordenes.
Foi criticado pola prensa do país e admirado das estranxeiras pola súa forza democrática, hoxe avaliado e homenaxeado polo actual goberno coma exemplo a perseguir cos seus valores de modestia e respecto das outras persoas. No eido económico amorea un feixe de erros e fallos nas decisións e acordos non sempre acadados, aínda amosa unha ampla ollada política e histórica dos atrancos da Arxentina. O progreso formidable dos beneficios nas liberdades e dereitos sociais daquelas datas, é hoxe en día no tocante ao económico só reservado aos grandes grupos industriais, os terratenentes e as corporacións estranxeiras, no entanto moitos habitantes quedan mergullados na falta de instrución, saúde publica e vivenda, en calidade de marxinados, arestora milleiros de arxentinos fallaren dos dereitos humanos elementais, só gozan da liberdade os que non ten fame, poden enviar a os seus fillos a escolas e universidades e son posuidores dunha vivenda onde fican na seguridade e ao lonxe da poboación sumida na desesperación.

O pacto sindical militar
No ano 1983 arxentina alumou unha sociedade democrática e adiantada rematando con cincuenta anos de violencia, desavinza, inestabilidade das institucións do estado e desprezo pola democracia que tivo na familia militar a primeira protagonista. Golpes de estado, conatos, algareos e os ataques ás institucións da democracia, coma a nomeada "revolución liberadora" que botou fora do poder ao goberno democrático do xeneral Perón, o día dezaseis de xuño do ano 1955, instalou unha ditadura militar e deixou a meirande cifra de mortos e feridos hasta esas datas, seica foi o alicerce dun espazo do tempo, 1955 a 1983, no que as institucións militares asumiron a función de titores do estado e gardas da moral do país, e co apoio do poder económico e as clases políticas civís en moitos xeitos, convértense nun liñaxe salvador e xuíces da vida cidadá.

A represión ilegal, as torturas e a desaparición forzada das persoas, nomeada "guerra sucia" e a derrota na guerra contra o imperio Británico e as forzas da OTAN no ano 1982, deixa as forzas armadas sen prestixio cara a poboación. O longo proceso de encaixe á vida en democracia, o restablecemento da disciplina militar e a superación das liortas en cada un dos exércitos máis a muda das estruturas formativas coa imposición do respecto á constitución e ás institucións da república co sometemento ao poder civil, foi a tarefa salientable da nova democracia.

Ben que o goberno democrático afrontouse co poder do autoritarismo representado polo "pacto sindical-militar", que traballou a prol da derrota do candidato Raúl Alfonsín. O seu goberno democrático deu pulo ás políticas que fixeran mudar os costumes e os vicios que estes persoeiros tiñan para manter o seu poder autoritario e os beneficios persoais e impulsou a busca da democratización nestes eidos, ampliando a súa base social e apoiando o desenvolvemento da abertura nos partidos da oposición.

A chegada da democracia ás forzas armadas levou tempo e non foi doada, así e todo hoxe a Arxentina ten os exércitos dentro das normas da constitución e dependentes do poder civil, a democratización nos estamentos sindicais non medrou de xeito acadado, o poder dos sindicatos supuxo unha varuda oposición ao novo goberno e impulsou unha longa chea de folgas xerais contra a nova orde democrática con medidas extremas, desproporcionadas e que orixinan un forte prexuízo económico, e a pesar do tempo transcorrido dende aquelas, hoxe en día a democratización no eido sindical é unha débeda pendente aos vinte e cinco anos do berce democrático.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: