A nova deixa fóra, disque vinte mil netos e netas de emigrantes, o PSdeG pensa no futuro buscar unha solución a estes casos, seica di que a meirande parte dos fillos e netos acadarán os beneficios da lei, só ficaran fora unha pouca cantidade de descendentes dos que emigraron aos finais do século dezanove e a primeiros do século vinte. O corenta por cen dos emigrantes que retornaron do estranxeiro fixérono dende Latinoamérica.
A Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia fixo a estimanza que preto de cento trinta mil netos e netas de galegos os beneficiados coa aplicación da lei que permitira recuperar a nacionalidade aos netos descendentes dos emigrados e exiliados, asemade milleiros, alguns arriscan até os seiscentos mil, de fillos de pais e nais españois de orixe e que perderan a nacionalidade, poderán recuperala, entanto ficaran fora das vantaxes da devandita lei unha cifra de vinte mil netos, segundo a secretaria xeral.
Coa aprobación polo Consello de Ministros do Goberno Español, decidise o sentido da disposición transitoria incluída na Lei da Memoria Histórica e apertura a billa do proceso para devolver a nacionalidade española aos fillos e netos dos españois que emprenderon o camiño da emigración por razóns económicas ou coma exiliados.
Fillos e netos de Españois, terán a posibilidade de iniciar o seu tramite de nacionalidade a través da Web do Ministerio da Asuntos Esteriores, o pedindo a vez no consulado do país onde residan. Haberá un prazo de dous anos dende a vixencia da Lei máis as disposicións transitorias, a partires do día vinte e oito de decembro do ano 2008. Aínda a porta da nacionalidade seguira fechada para os que os seus avós perderon a súa condición de cidadáns españois antes do nacemento dos seus fillos, ou estes non a recuperaran antes de cumprir a maioría de idade.
O PSdeG pensa no futuro buscar unha solución a estes casos, seica pensa que a meirande parte dos netos acadarán os beneficios da lei, só ficaran fora unha pouca cantidade de descendentes dos que emigraron aos finais do século dezanove e a primeiros do século vinte.
Para o PPdeG a disposición transitoria é un atranco e aínda unha inxustiza, se cadra o goberno esta a converter nunha lotaría o tramite e minimizar a cifra dos prexudicados.
O BNG lembra ca promesa da reforma da lei, foi na plataforma do PSOE, impulsada polo ministro de Traballo e Asuntos Sociais do primeiro goberno socialista e láiase pola tardanza, malia a ilusión que xeraron as novas nos emigrantes, e non se vai cumprir.
O retorno
Medrou o numero dos emigrantes que retornaron a España desde Latinoamérica no ano 2007, o corenta por cen dos trinta e cinco mil que o fixeron ven da América do sur, pola orde de importancia Venezuela, Arxentina, Cuba e México. Asemade Galicia é a segunda comunidade autónoma de destino dos emigrantes retornados logo de Madrid.