Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ipernity xa está en galego

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Ipernity xa está en galego

Ipernity xa está en galego

Xa está en liña o Ipernity en galego, un dos servizos máis interesantes da Rede 2.0, O proxecto naceu dunha simple idea en maio de 2004: « Comparta o que queira con quen queira ». Un desexo que pode resultar evidente, pero que daquelas aínda non fora satisfeito na xungla dos servizos de Internet. Vexan a noticia no blogue do proxecto.

Enviada por taurozen taurozen o 10/12/2008 10:59

O que o Ipernity ofrece é moi sinxelo: Publicar o que queira: blogue, fotos, vídeos, audio, ... Compartir o que queira, cos seus ou co mundo enteiro. E sobre todo beneficiarse dunha excelente ferramenta de indexación que lle permite atopar a súa información e a que comparten os demais.

ipernity é unha empresa nova que intenta realizar grandes cousas con poucos medios.. Case tres anos máis tarde...As grandes compañías lanzaron servizos que hoxe son os alicerces da Rede 2.0. E Ipernity segue a estar en condicións de competir cos máis grandes, ofrecendo unha experiencia máis completa e mellor integrada. Correspóndelle a vostede xulgar se é acertada esta opinión.

Ipernity é aínda un servizo novo, en fase de probas e evolucionando. Foi traducido por Manolo Meixide , Manoel María (Xabre) e Xosé Ramón, que xunto cos desenvolvedores lles desexan que disfruten plenamente deste servizo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ipernity xa está en galego