O bispo Richard Williamson máis outros cregos están vencellados a unha confraría nomeada Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, baseada nos ideais do bispo conservador francés Marcel Lefebvre, que leva moitos anos acollendo aos seareiros do movemento lefebvrista, que negan o Concilio Vaticano II do ano 1965, a estes ocos da igrexa Arxentina están vinculados cregos e bispos achegados ás forzas armadas que produciron o golpe militar do ano 1976, ou integrantes dos movementos nacionalistas de ideas neonazis. Logo que o bispo Williamson, máis outros tres bispos foran excomungados polo Papa Xoán Paulo II no ano 1988, o actual Papa, Bieito Dezaseis, levantou a excomunión, nun xesto de paterna misericordia avogando pola unidade da familia cristiá. Nese intre o bispo Williamson fixo no mes de novembro do ano 2008 unhas declaracións á televisión de Suecia de ton antisemita negando a existencia do HOLOCAUSTO xudeu, a existencia das cámaras de gas nos campos de exterminio nazi e diminuíndo a magnitude dos mortos.O goberno arxentino ditou fai xa un tempo unha orde pola que convidou ao bispo Richard Williamson a deixar o país axiña, polo rebumbio social e a ofensa ao pobo xudeu coas súas declaracións antisemitas.
O goberno arxentino ditou fai xa un tempo unha orde pola que convidou ao bispo Richard Williamson a deixar o país axiña, polo rebumbio social e a ofensa ao pobo, segundo o goberno, que produciran as súas declaracións antisemitas negando a existencia do HOLOCAUSTO xudeu, a existencia das cámaras de gas nos campos de exterminio nazi e diminuíndo a magnitude dos mortos. O bispo Williamson máis outros cregos están vencellados a unha confraría co seu seminario que leva preto de corenta anos no país, dende o ano 1970, nese tempo a nomeada Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, baseada nos ideais do bispo conservador francés Marcel Lefebvre que negan o Concilio Vaticano II do ano 1965, fica no país avogando polas teses máis tradicionalistas da igrexa coma a defensa da inquisición ou a negación do evolucionismo.
O Seminario da Nosa Señora Corredentora da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X da cidade de Moreno na provincia de Bos Aires na Arxentina, leva moitos anos acollendo aos seareiros do movemento de monseñor Lefebvre, e aos sectores máis conservadores da igrexa arxentina que espallaron as súas armas na defensa das ensinanzas tradicionais da igrexa contra-las ideas progresistas e a renovación da liturxia e a pastoral social á que deu pulo o Concilio Vaticano II. Nos anos sesenta a Conferencia Episcopal da Arxentina deu apoio ao desenvolvemento da doutrina tomista segundo a cal a igrexa católica é a trabe mestra da cristiandade, e dende o Centro dos Estudos Teolóxicos e Filosóficos relacionou aos eidos máis radicais e nacionalistas da igrexa coa a clase política.
O nacional catolicismo na Arxentina xorde ao comezo do século vinte e fornece súa estrutura nas décadas dos anos trinta e corenta, seu alicerce é a teoría dunha igrexa perfecta non dependente do poder político civil e ao lonxe das doutrinas filosóficas da reforma, o cartesianismo, o liberalismo, o socialismo ou o marxismo. Inda sostén ca súa condición é a de relixión nacional e fúndense co senso de patria, tamén rexeitan os postulados do Concilio Vaticano II coa escusa que é unha tobeira chea de marxistas, auto nomeados progresistas, inimigos da igrexa católica. A estes ocos da igrexa Arxentina están vinculados cregos e bispos achegados ás forzas armadas que produciron o golpe militar do ano 1976, ou integrantes dos movementos nacionalistas de ideas neonazis.
A fraternidade conseguiu manter a súa actividade na Arxentina, seica a predica contra-la modernidade e os cregos progresistas, até o ano 1988 que o Papa Xoán Paulo II excomungou a monseñor Lefebvre máis a catro cregos, entre eles o propio Williamson polas posicións contrarias aos postulados fundamentais da igrexa católica, coma é a explicación da paixón e morte de xesuscristo ou a negación do holocausto xudeu e o rexeitamento ás novas do Concilio no que respecta ás regras litúrxicas da misa, ou o ecumenismo entre outros. Así e todo a confraría da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X continuou a súa singradura na Arxentina xa que o episcopado daquelas apoiaba teimudamente unha igrexa autoritaria en comunicación cos postulados militaristas ca ficaban no país e noutros estados latinoamericanos.
O bispo Lefebvre en persoa puxo no ano 1968 a pedra fundacional da confraría, créente ca neste sitio do mundo, nun país gobernado por unha ditadura, cunha xerarquía relixiosa conservadora naquel paraxe alonxado, coñecido coma A Rexa era o máis axeitado para educar aos futuros cregos na doutrina contra-las novas progresistas do concilio e a prol da volta aos ritos tradicionais da igrexa. Transcorrido máis dun cuarto de século o seminario leva formados unha meirande cantidade de cregos tradicionalistas, que hoxe son vinte e dous, dos máis de cincocentos membros que o movemento lefebvrista ten ao redor do mundo. O crego Williamson chegou á confraría da Rexa a fin da década dos setenta, da as misas da acordo co antigo ritual, en latín e de costas aos fieis, e dende fai sete anos dirixe teimudamente o seminario, obra social e benéfica, que defende a ensinanza relixiosa baseada en preceutos ca datan dende dez séculos, e non ten acceso á televisión. Así e todo defende a súa doutrina dende unha paxina da web, na que ensina as teses do tradicionalismo católico e o grao supremo da vontade de deus, aínda rechama a facer unha doazón de cartos ao seminario, nunha conta celestial ao lonxe da especulación de políticos e banqueiros.
O novo Williamson fillo de pais anglicanos abrangueu a fe do catolicismo logo de doutorarse en literatura na Universidade de Cambridge e dunha viaxe á África na que decidiu deixar a doutrina anglicana influído polas lecturas de santo Tomas de Aquino e segundo as súas verbas, a magnitude relixiosa da música de Beethoven, Mozart e Wagner. No ano 1976 foi aviado coma crego por monseñor Lefebvre, ensinou en seminarios de Europa e os EUA, foi alí onde ficou coma reitor nunha fraternidade lefrevbrista até ca no ano 1988 o rebelde Lefrebvre o consagrou bispo xunto a outros tres cregos sen dispor a encarga pontificia polo todos eles foron excomungados.
Abofé a excomungacion o bispo Williamson seguiu dando misas e practicando a súa fe coa ordenación dos cregos no seminario da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, a marxe das xerarquías da igrexa, e espallando as súas teses ao respecto da cuestión xudía, coa negación do holocausto segundo di pola falla de probas históricas, malia a teoría da conxura xudía pola dominación do mundo, a negación da teoría universal dos dereitos humanos, o apoio aos cregos e bispos acusados e xulgados nos tribunais arxentinos polos delitos de "lesa humanidade" durante a sanguenta ditadura militar que asoballou á Arxentina dos anos 1976 a 1983, da que o bispo Williamson foi un forte defensor.
Logo que o bispo Williamson, máis outros tres bispos foran excomungados polo Papa Xoán Paulo II no ano 1988, o actual Papa Bieito Dezaseis levantou a excomunión, nun xesto de paterna misericordia avogando pola unidade da familia cristiá, segundo o vaticano e rehabilitou aos bispos sen ca estes rexeitaran as súas posicións negacionistas ao respecto do holocausto xudeu e as teses contrarias ao Concilio Vaticano II sostidas polo cardeal ultra conservador Marcel Lefebve. Estes chiscos negacionistas e esgrevios están a prol das practicas máis tradicionais e conservadoras da igrexa, coma a recuperación da liturxia pre conciliar, a invocación do venres santo chamando a conversión dos hebreos e a teimuda porfía da participación do pobo xudeu na morte de cristo, entre outras.
Aínda o estado Vaticano relativizou os feitos que cualificou coma dolorosos e imprevistos e cargou as tintas contra-la prensa coa acusación que as novas foron espalladas polos medios con ruindade, e destacou que os bispos asinaron un testemuño onde aceptan as ensinanzas do Concilio Vaticano II e renegan das afirmacións ca fixeron. Por outra banda o bispo Williamson nunha escrita ao Papa amosa o seu desasosego polos atrancos que as súas verbas produciran, subliña ca ten a seguridade dun sentimento de dor polas novas irreflexivas que fixo á televisión de Suecia, de seguido pídelle perdón polo rebumbio e a inquedanza ca xerou o esparexemento das novas, e manifesta a súa crenza na verdade e a superioridade dos intereses da igrexa, medio polo que só e posíbel o salvamento das almas e a gloria de deus.
O estado de Israel, e o Rabinismo ca crebou as relacións co estado vaticano, manifestaron nun documento dirixido á Santa Sé o enérxico rexeitamento polos feitos e polo dano ás relacións e o dialogo da igrexa católica coa comunidade xudía, salientan que na Arxentina fican o día de hoxe testemuñas vivas dos horrendos feitos da Alemaña nazi malia as declaracións co relaxamento de holocausto e unha aldraxe a estes superviventes que un bispo ca é parte da igrexa fai negando os millóns de mortos e converte os devanditos feitos nunha ferida que nunca fechara. Así e todo a comunidade xudía de Arxentina rexeitou a presenza de Williamson no país e láiase polos acontecementos que semellan un paso atrás e contradiín a doutrina da igrexa católica, que polo medio do Papa Xoán Paulo II pediu perdón á humanidade polo silencio da igrexa no exterminio dos xudeus na nomeada Shoa, aínda prexudican a conversa da humanidade e as relacións entre as institucións confesionais, seica fornecen o crecemento das ideas neonazis e radicais contrarias ao ben das persoas.
O arcebispado Arxentino negou ca igrexa manteña ningún vinculo cos seareiros do Lefebvrismo e que o arcebispo houbera mantido conversa algunha cos cregos e os bispos da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, e salientou que nas escolas católicas o tema do holocausto e parte das ensinanzas a prol que os alumnos aprendan a non repetir os erros da historia máis o respecto ás diferencias que salienta a doutrina católica. Velaí que non e a primeira quenda na que o actual Papa Bieito Dezaseis xera incomodidade na comunidade xudía, fai xa un tempo xurdiu a certeza das pegadas da pertenza do novo Rattzinger ás xuventudes hitlerianas, a súa decisión xa coma pontífice do impulso á beatificación do Papa Pío XII, a pesares da posición de apoio ca este fixo ao nacional-socialismo e o retorno ás antigas liturxias pre conciliares, máis a volta ás fontes do conservadorismo católico.
A asociación da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X, apartou do seu posto de reitor do seminario ao bispo Williamson polas denuncias perante a xustiza levadas adiante polo organismo estatal arxentino dos dereitos humanos, pola apoloxía dun delito de "lesa humanidade". No entanto o parlamento de provincia de Bos Aires, onde fica a devandita fraternidade, declarou pola súa banda persoa non grata ao bispo, subliñando que as súas verbas fan pouco pola paz no mundo.
No intre de saír do país o bispo Williamson achegou á prensa unhas verbas nas que expón, que se houbese sabido o dano e a dor cas súas verbas ían producir e os esgrevios efectos sobre os superviventes do holocausto non as habería dito, "o papa máis o bispo Fellay pedíronme reconsiderar as declaracións pola gravidade das repercusións ca produciron polo que pido desculpas".
O vaticano considerou as peticións de do bispo Williamson febles e xenericamente ambiguas e que non estivesen dirixidas ao papa nin á comisión vaticana "Eclesia Dei" e non respectan as directivas da Santa Sé.