Aclaración recibida ao fío da información publicada por Vieiros este luns (http://www.vieiros.com/nova/72842/upg-fpg-e-un-sector-de-pola-base-alianse-de-cara-ao-vindeiro-congreso-da-cig)
A FPG non é unha corrente sindical e menos actúa organizadamente dentro da CIG, polo que dificilmente pode ter ningún tipo de acordo con ninguha outra opción política ou sindical dentro da CIG.
A FPG respecta as decisións validamente adoptadas pola CIG como organización soberana que é, e que se debe exclusivamente á súa afiliación. A militancia da FPG afiliada á CIG sempre defendeu a independencia da confederación respecto de calquera organización política, grupo de presión ou de calquera administración ou estado.
A militancia da FPG afiliada á CIG participa e apoia as posicións da CORRENTE SINDICAL DE ESQUERDAS como unha corrente plural, onde non sempre existe unha coincidencia total na toma de decisións.
A FPG desexa que o próximo Congreso da CIG transcorra de acordo cos seus estatutos nun ambiente de pluralismo e respecto polas distintas opcións de modelo sindical, sen interferencias partidistas ou doutros intereses persoais e mesquiños.
Seguiremos a defender un sindicalismo nacionalista e de clase combativo, contra o pacto social, independente, unitario e plural.
Asina
O Comité Executivo da FPG.