A presidenta Cristina Fernández fixo o anuncio oficial da convocatoria para o día 28 de xuño, baseada na necesidade do fornecemento das políticas sociais fronte á crise, e máis aló das posicións persoais. Segundo a oposición o goberno fai o anuncio coa fin de liscar dun feixe de derrotas nas vindeiras eleccións na cidade autónoma de Bos Aires, máis na provincia de Corrientes. O xefe do movemento Xusticialista, o ex presidente Nestor Kirchner, uliscou ao lonxe o cheiro da crise no seu partido, logo da derrota nas eleccións na provincia de Catamarca, onde antigos aliados déronlle as costas.
Poren que a data esta fixada por lei para a derradeira primeira feira do mes de outubro, o goberno da Arxentina deu a nova da muda onte á noitiña, pola petición do ex presidente Nestor Kirchner. A presidenta Cristina Fernández fixo o anuncio oficial da convocatoria para o día 28 de xuño, baseada na necesidade do fornecemento das políticas sociais fronte á crise, e máis aló das posicións persoais. A presidenta agoirou que a gravidade do intre que esta vivindo o pobo arxentino por mor dos efectos da crise mundial na economía do país xustifica o adianto, e polo dano que producira nestes feitos unha sucesión de actos electorais nas diversas provincias do país durante o resto do ano.
O xefe do movemento Xusticialista, o ex presidente Kirchner, uliscou ao lonxe o cheiro da crise no seu partido, logo da derrota nas eleccións na provincia de Catamarca, onde antigos aliados déronlle as costas. Abofé manter o poder na meirande do país, o partido de Kirchner o Frente Para La Victoria, perdeu o apoio de deputados e senadores ca noutras datas o avaliaron sen condicións. Así mesmo o adianto da convocatoria réstalles ás alianzas da oposición, a prol do goberno, o tempo necesario para-la consolidación, desenvolvemento e integración das listaxes de cadansúa estrutura.
Ben que a normativa sinala que a chamada a eleccións xerais será no mes de outubro cada dous anos e esixe o anovamento parcial do congreso dos deputados máis o senado, o poder executivo enviara ao parlamento un proxecto para o tratamento dunha nova lei do Código Electoral, polo que o goberno tendera hasta o día 28 de marzo para facer o chamamento ás eleccións no marco da nova lei.
O adianto é unha vantaxe para o goberno xa que nacionaliza o acontecemento electoral e unha estratexia no seu enfrontamento co xefe de goberno da cidade autónoma de Bos Aires, opoñente ao partido gobernante, e que sostén unha alianza opositora ao nivel do estado, malia se o goberno de Cristina Fernández mantén as datas do mes de outubro, exponse a escornarse cunha nova derrota, nesta quenda na cidade de Bos Aires que é a capital do país.
Segundo a oposición, o goberno fai o anuncio coa fin de liscar dun feixe de derrotas nas vindeiras eleccións na cidade autónoma de Bos Aires e na provincia de Corrientes, aínda busca coller o mando da proposta e minguar os efectos negativos do resultado das eleccións na provincia de Catamarca, fai xa sete días, nas que o partido do goberno sufriu unha forte derrota, máis o crecemento das eivas da economía, cos conflitos sociais e o desemprego no país ca xerase as queixas da poboación, subliñan que a presidenta Fernández nega a mingua do seu poder mentres o adianto da cita é propio dun estado de tolemia e un suicidio político, disque un aceno de febleza.
A nova do goberno semella un atallo, e é unha pegada do desasosego no que fica hoxe a administración dos esposos Kirchner, arestora medran novamente con forza a problemática cos produtores do agro e os gandeiros, as eivas nas institucións do estado ao respecto da seguridade das persoas, ateigadas de atrancos e cunha forte falla no seu desenvolvemento, a crise económico-financeira mundial, que reflicte fortemente no esmorecemento e a mingua da actividade industrial, mailo crecemento do desemprego. Así e todo é salientable o crecemento da feitura do presidente do senado e vice presidente do goberno, Xulio Cobos do partido Unión Cívica Radical que crebou a alianza co partido de goberno, e que nas súas viaxes ao interior do país é eloxiado coma única persoa que dende o artellamento constitucional, neste caso o senado, se opón criticamente ás decisións do matrimonio Kirchner e cuxa imaxe publica coma garda moral do país, medrou até o sesenta por cen nas últimas enquisas.