Xa se poden descargar desde a nosa web nacional os Relatorios da 2ª Asemblea Nacional de ADIANTE, celebrada o pasado 20 de decembro de 2008 en Cangas do Morrazo.
Galiza Nova convoca unha concentración antitaurina para mañá domingo 12 de abril ás 17.30 perante a praza de touros móbil de Padrón
A mostra inaugúrase o 17 de abril na cidade de Sintra
Eiquí tedes unha secuencia do galego David Valladares, un dos máis grandes "soul surfers" galegos. David é local da praia de Patos pero vive entre Indonesia e Fuerteventura e leva máis de 12 anos en Indonesia onde xestiona un par de barcos, os King Millenium
http://www.cntgaliza.org/?q=node/778
durante o franquismo, en moitas aldeas ,os veciños reuníanse en asambleia informal os domingos á saída da misa e chegaban a acordos sobre temas coma as quendas para regar ou para emprega-los fornos de pan comunitarios. nesas asambleais temén acordaban elevar determinadas peticións ao concello correspondente.
a finais dos setenta, curiosamente coa “chegada da democracia”, este sistema abandoouse. o poder pasou ser exercido en exclusiva polos “concellos democráticos”.
Ante a paralización da función pública, a CIG-Autonómica convoca unha concentración o xoves día 2 en San Caetano.
Dende o sindicato fannos chegar este comunicado, que reproducimos, íntegro, no Open Vieiros.
O colectivo felicítase pola postura da Consellaría de Cultura que vén a ratificar as súas argumentacións. Así mesmo, agradece o apoio de diversos colectivos na súa loita por conservar o monte.
Grande éxito da Asemblea de estudantes da Facultade de Dereito celebrada hoxe martes 31 ás 12h.
Esta súa "democracia" quixo que a aritmética de Hont lle entregara de novo o poder na Xunta ao Partido Popular, malia obter menos votos que a coalición gobernante nos últimos catro anos. Porén, o reparto de escanos logo do reconto do voto "emigrante" quixo que mudaran as tornas e o 38-37 beneficie na vindeira lexislatura á dereita española. Ben é certo que a cidadanía, actriz secundaria neste filme, entendeu que se temos que vivir baixo políticas de dereitas mellor será que as execute a propia dereita, sen máscaras. Este 1 de abril constitúese o Parlamento Galego, han sentar no Hórreo os 75 homes e mulleres que seica nos representan e ha remudar o executivo galego afastando do poder a todos os altos cargos que se han beneficiar xa do meirande acordo tripartito dos últimos tempos: a súa propia subida de soldos.
Aprobado o novo plano de estudos da Facultade de Dereito, nunha Comisión inzada de irregularidades.
Coa finalidade de lembrar os setenta anos do comezo do exilio republicano unha xuntanza de persoeiros dos diferentes eidos da cultura achegáronse ao pazo de Mariñán, preto da ría de Ares no Concello de Bergondo, na provincia da Coruña, os dias 12 ó 14 de marzo de dous mil nove, convocados co gallo do Congreso para o Estudo da Cultura do Exilio Republicano. O estudo da tarefa levada adiante polos exiliados nos países que os acolleron é o eixe mestre deste encontro, así mesmo a análise, a reflexión das diversas fasquias da obra intelectual e da presenza sobranceira da cultura galega nos países do exilio e da emigración.
O día 24 de marzo do ano 1976 remataba co asalto ao goberno constitucional nun acto de sedición e a imposición dun poder supremo coa aplicación do terrorismo de estado, o secuestro, a tortura, a desaparición forzada e morte de persoas con preto de 30 mil vítimas desaparecidas e mortas polas forzas da represión salvaxe. O feito da ditadura xenocida, nomeada PROCESO DE REORGANIZACIÓN NACIONAL, convertese nun alicerce para-la instalación dun modelo económico neoliberal de rapina que impulsou o endebedamento externo, a destrución da industria nacional ao tempo que eliminou a sangue e fogo toda-la resistencia na poboación e disolveu as sociedades sindicais. Arestora a sociedade democrática, esixe máis aló das declaracións principistas, aínda o xulgamento de todo-los represores e responsables dos delitos de lesa humanidade.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.