Grande éxito da Asemblea de estudantes da Facultade de Dereito celebrada hoxe martes 31 ás 12h.
Hoxe tivo lugara a Asemblea Xeral deEstudantes da Facultade de Dereito da USC, convocada polos COMITÉS. Nela deuse conta da aprobación dun novo Plano, totalmente lesivo aos intereses do Estudantado. Boloña está aquí, e unicamente dende a loita estudantil poderá ser posta en cuestión. Por isto, @s estudantes da Facultade veñen de decidir, non aceptar o Plano de Estudos recentemente aprobado pola Comisión delegada da Xunta de Facultade.
Nesta liña, á volta da semana feriada adoptaranse as medidas mobilizadoras oportunas para paralizar o Plano, medidas entre as que cabe salientar as xa verquidas hoxe pola mañá, entre outras: celebración dun referendum que lexitime aínda máis se cabe a FOLGA XERAL INDEFINIDA, para o caso de que o Decanato non ceda nas súas pretensións
Seguiremos informando