O fotógrafo frances Jean - Luc Mylayn e o cantante e artista plástico norteamericano Alan Veiga expoñen as súas obras até o 2 de agosto
Concentración o mércores día 6 de maio ás 19,00 h diante do MARCO
O Servizo de Información de Dereitos Sociais da nosa comunidade e o Grupo de Axitación Social (GAS) convocan unha charla-presentación co título: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios". Terá lugar o domingo 10 de maio ás 18.30 no salón de actos da parroquia do "Cristo da Victoria" en Coia -Vigo-.
O galego chega ás redes sociais. Ademáis de na galega Cabozo.com, o galego faise un "oco" noutras redes sociais. (Pica sobre este texto para ver o artigo completo)
O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia neste Primeiro de Maio o aumento dos despedimentos e da temporalidade nos contratos no sector da comunicación nos últimos meses. A precariedade é tal que, en opinión do SXG, cada vez é máis difícil que os cidadáns reciban unha información conmínimas garantías de obxectividade e pluralidade.
XORNADAS TÉNICAS E EXTRATÉXICAS SOBRE O SECTO NAVAL
Rumbo 21
Xosemanuel Galdo - Fonte
Secretario Xeral de IEN por Europa
Ë necesario afrontar a inmediata apertura de negociacións conducentes a unha resolución que permita de forma eficaz e real o consecuente levantamiento do veto sobre restricciones de acceso ao mercado naval convencional para o astillero público Navantia Fene
Trac, grupo de rock & blues, oferece un novo concerto este venres dia 1 de maio na sala MardiGras da Coruña, na travesia da Torre nº 8, a partir das 23,00 h.
Aberto o prazo de inscripción para participar na III Mostra Internacional de Videocreación de O Condado
ADIANTE e a CUT coorganizan as Xornadas de Formación e Debate "Avanzando na Construción do Socialismo" os días 29 de maio, 6, 13, 20 e 27 de abril, na cidade de Compostela.
Renderá homenaxe a Antonio Machín, con boleros e cancións inesquecibles
No seu primeiro discurso no alicerce do quinto cumio das Américas en Trinidad Tobago, a presidenta Fernández de Kirchner instalou o tema do remate co embargo económico a illa de Cuba. Animou aos persoeiros presentes na cimeira a plantexarse o desafío do artellamento dunha nova orde mundial e rexional á vista do derrubo das economías tradicionais. O presidente do Brasil Luiz Inacio Lula da Silva, tentou deixar no cumio trinitense unha pegada polo futuro, así como espallar e anoar o seu liderado latinoamericano. A forza do presidente Barak Obama, que asumiu a presidencia do seu país cun forte apoio moral, é saber que tiña unhas proposicións para facer aos países ao abeiro do cumio, e ca este será o eixe mestre dende a primeira xornada da xuntanza.
Ao abeiro das actividades arredor do día da República 2009, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a casa museo Casares Quiroga acolleu a presentación do libro "Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco", o autor Carlos Parrado convidou a mergullarse no libro dunha lectura doada pola escrita sinxela, nas preto de 294 paxinas, e que remata cunha aquelada serie de notas finais, ás que suxiren os diferentes relatorios, máis unha coidada documentación gráfica
COLLE UN ESPELLO E DÁLLE Ó PLAY ....
Ninguén mellor ca el podía definilo, xo o fixo durante a campaña...
Até o 31 de maio está aberta esta exposición na Fundación Luís Seoane, da Coruña
Dende o Servizo de Información de Dereitos Sociais de Coia presentamos esta campaña de protesta polo recorte das axudas sociais dirixidas aos colectivos máis empobrecidos e afectados pola crise.
A morte do ex presidente Raúl Alfonsín o día 31 de marzo, aos oitenta e dous anos, produciu unha forte axitación en todo-los sectores da sociedade Arxentina. A figura de Alfonsín axigantase pola rara honestidade persoal. A teimuda defensa da lei que fixo durante o goberno da nova democracia levou perante os xuíces aos quince xefes militares que foran os persoeiros das xuntas de goberno da fera e sanguenta ditadura militar. Loitou afervoadamente pola integración Latinoamericana, impulsou os acordos que deron orixe ao MERCOSUR. O seu exemplo de probidade e tolerancia nos tempos que lle tocou levar adiante a súa tarefa de goberno deberíalle valer aos ca hoxe réndenlle honores para non repetir os erros do pasado.
Reproduzo aquí unhas anotacións que tomei no transcurso das "Xeiras sobre a lingua galega", organizadas polos Comités Abertos da Universidade de Vigo.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.