No seu primeiro discurso no alicerce do quinto cumio das Américas en Trinidad Tobago, a presidenta Fernández de Kirchner instalou o tema do remate co embargo económico a illa de Cuba. Animou aos persoeiros presentes na cimeira a plantexarse o desafío do artellamento dunha nova orde mundial e rexional á vista do derrubo das economías tradicionais. O presidente do Brasil Luiz Inacio Lula da Silva, tentou deixar no cumio trinitense unha pegada polo futuro, así como espallar e anoar o seu liderado latinoamericano. A forza do presidente Barak Obama, que asumiu a presidencia do seu país cun forte apoio moral, é saber que tiña unhas proposicións para facer aos países ao abeiro do cumio, e ca este será o eixe mestre dende a primeira xornada da xuntanza.
No seu primeiro discurso no alicerce do quinto cumio das Américas en Trinidad Tobago, a presidenta Fernández de Kirchner instalou o tema do remate co embargo económico a illa de Cuba, levado adiante coa escusa de estaren vencellada ao anello eido soviético o que poñía en risco a seguridade da rexión, e amosou o paradoxo da posición do sistema político mundial fronte á agresión dunha potencia militar estranxeiría coma a do reino da Grande Bretaña canda as forzas da OTAN, por mor do desembarco Arxentino nas illas Malvinas no ano 1982.
Subliñou que o asedio á nación irma de Cuba é un pantasma do pasado e foi sostido polo noxento goberno do ex presidente Bush como unha medida oposta á razón e co fin de afogar humanitariamente ao pobo cubano, máis entende que o presidente Obama ten a oportunidade histórica de esconxurar as eivas e fincar unha anovada relación coa comunidade latinoamericana, polo que pensa ca o novo xefe do goberno dos EUA aproveitara estes intres excepcionais e liscara do mundo das políticas bipolares, cara a Latinoamérica.
Destaca a presidenta Arxentina que a república de Cuba sinalou fai xa tempo a decisión da falar cos EUA a respecto dos diversos temas e cuestións o que semella un fito ideal para arranxar os atrancos comúns e non se puidera deixar pasar. A abordaxe das problemáticas levara o seu tempo, aínda sen tomar actitudes extremas e facendo as concesións necesarias, máis cunha forte ousadía, seica apoiar a construción dun mundo sen pobreza e exclusión social e loitando teimudamente contra-las eivas do terrorismo internacional e o narcotráfico.
A secretaria de estado a norteamericana Hillary Clinton, subliñou o fallo até agora das políticas dos EUA fronte a Cuba, e eloxiou a nova apertura do goberno da illa coa fin de manter una conversa acesa a todo-los temas. Onte o presidente Raúl Castro, ausente na cimeira, expuxo a facultade do seu goberno a falar, sen presións nin imposicións á forza, dos dereitos humanos e da liberdade das persoas ca fican na cadea polas súas ideas políticas, así e todo o goberno cubano desexa abranguer unha achega ao dialogo a toda-las nacións de América, salientou aínda o progreso para-las relacións cos EUA a eliminación dos impedimentos ás remesas de cartos a illa, mailas restricións ás viaxes a Cuba dos residentes cubanos no pais do norte.
Noutras cuestións Cristina Fernández expuxo a súa teoría ao respecto das mudas nos ocos da economía nos derradeiros catro anos, nos que o desenvolvemento político dos países sudamericanos medro de xeito salientable, coma é no caso de Bolivia, Brasil ou a Arxentina. Abofé que os avances sociais están a ser os máis destacados dos últimos 200 anos, a varuda traxedia social fica en Latinoamérica, aínda dende o ano 2005 ten a certeza do fin das economías de mercado sen a presenza dun estado forte.
Animou aos persoeiros presentes na cimeira a plantexarse o desafío do artellamento dunha nova orde mundial e rexional á vista do derrubo das economías tradicionais, na que os pobos non desenvolvidos só están a velas vir, aínda aturan os prexuízos coa exclusión e o desemprego maila perda dos adiantos sociais, fornecer as relacións dos estados dende a colaboración e a cooperación, e non dende o sometemento ou as imposicións á forza. Afirmou que asinara toda-las propostas que leven por finalidade a mingua da pobreza, a inseguridade, a loita contra-los danos da muda da climatoloxía, as fontes de enerxía sustentábeis e a mellora da gobernabilidade nos distintos países afectados pola crise financeira.
Ben que a forte dubida dunha conversa co presidente dos EUA, a presidenta de Arxentina achegou á Casa Branca a petición de apoio polo outorgamento á Arxentina dunha liña de crédito do Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), do que pediu á vece presidenta do banco, presente no cumio, o fornecemento da entidade para se logo outorgar prestamos coa finalidade de soster ás febles economías da rexión e deixar que os países de América ingresen polo miúdo no artellado económico do mundo. Pediu tamén a achega dunha nova ollada á inmigración cunha solución integral nos países de orixe, co fin de evita-la migración dos seus cidadáns aos EUA, así e todo entende que os muros non serán xamais a solución.
A presidenta arxentina Cristina Fernández pediu o desenvolvemento dunha nova e construtiva etapa de mutua boa fe, e xustificou as prevencións ás que ten costume os países latinoamericanos por mor da longa historia de apoio a cotiá dos EUA ás pancadas das ditaduras no sur de América. Aínda fixo fincapé na necesidade de fornecer os organismos de crédito rexional, extendendo as políticas de apoio á economías da cadanseu país, a mellora das estruturas da saúde pública, maila educación e dese xeito evita-las eivas dos acontecementos migratorios.
O presidente do Brasil tentou deixar no cumio trinitense unha pegada polo futuro, así como espallar e anoar o seu liderado latinoamericano, aínda traballou fortemente a prol de aviar as políticas acadadas co fin de minguar os efectos da crise mundial, enfrontouse aos deuses do "santo mercado" noutras datas imaxe da individualidade dos EUA, que arestora fica nas economías emerxentes, en países coma China, India, Brasil ou Arxentina. No seu país, segundo recentes enquisas o apoia unha ampla franxa, preto do setenta por cen da poboación, dende as persoas a pé de rúa, até os persoeiros das potencias económicas. O presidente Obama, cualificouno dicindo, "é o político máis popular da terra".
O presidente Obama afirmou xa na xuntanza do G-20 na cidade de Londres, onde tivera unha conversa á marxe dos faladoiros públicos co presidente Lula da Silva, a súa condición de líder na rexión e ser quen de falar dos atrancos máis rañeirentos na América do Sur, así e todo designouno o seu persoeiro na conversa cos representantes do goberno Cubano, o presidente do Brasil destaca a singularidade da conxuntura, avogando por non adiar máis a conversa dos lideres latinoamericanos co presidente dos EUA.
Nun intre das sesións do cumio Barak Obama convidou, pola demanda de Lula da Silva, a un encontro cos xefes de estado e goberno da UNASUR, onde fincou a promesa dunha nova etapa de respecto á soberanía dos estados democráticos do hemisferio sur, e amosou o seu desexo de seren un socio máis do progreso e fuxir das vellas políticas de sometemento, nunha descoñecida conversa fora do programa da Quinta Cimeira en Trinidad e Tobago. Gabou as tarefas humanitarias do estado Cubano, coma é o envío de médicos e meciñas aos países de América e o Caribe, destaco ca eses feitos ten mas calidade ca toda-las intervencións militares dos EUA.
Polo medio do seu ministro de asuntos exteriores Lula da Silva, ampliou a mediación e achegara á conversa ao presidente venezolano Hugo Chávez, máis os demais xefes de estado e goberno, aos que propón seica a magnitude do encontro, un forte intercambio de impresións co fin do fornecemento das relacións, abranguendo toda-las cuestións, políticas así como económicas. Nun encontro coa sinal da mutua afectuosidade o presidente dos EUA chocou a man do presidente Chávez cun agarimoso "como estás", o presidente de Venezuela nun extremo da palestra ergueuse e entregoulle un libro "Las venas abiertas de América Latina: 500 años del saqueo de un continente", do escritor uruguaio Eduardo Galéano, que amosa nun longo ensaio, a anella inxerencia dos EUA, entre outros, na vida política e no destino da rexión.
O presidente do Brasil pediu ao presidente Obama unha viaxe da secretaria Clinton axiña, coa finalidade de normalizar as relacións eivadas polos miserentos enfrontamentos verbais feitos nas datas da administración Bush e que levaron á expulsión dos embaixadores dos EUA en Bolivia e Venezuela, o presidente Chávez salientou o seu desexo, nun aceno de amizade, de recompoñer as relacións co país do norte, o presidente de Bolivia Evo Morales, pola súa banda, demandou rematar cos atrancos políticos e económicos, coma e o "embargo" á República de Cuba e afirmou que as mudas inseridas polo presidente Obama semellan unha nova ollada nas relacións, e se as mesmas se mantén no terreo da estima común, moito mellor.
A forza do presidente Barak Obama, que asumiu a presidencia do seu país cun forte apoio moral, descoñecido fai moitos anos nos EUA, é saber que tiña unhas proposicións para facer aos países ao abeiro do cumio, e ca este será o eixe mestre dende a primeira xornada da xuntanza en Trinidad e Tobago, o progreso económico, o desenvolvemento do medio ambiente, os vieiros da crise mundial, e no fondo a estrea dunha nova relación Cubano-Estadounidense, deixando no pasado os vellos aldraxes e facendo fronte aos riscos do futuro, as aliaxes nos intres de asinar os acordos, o fornecemento da amizade cos países do sur da América de xeito salientable co presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, a quen o presidente dos EUA ten por prezado mediador fronte aos outros xefes de estado e goberno de sudamérica.