Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Sindicato de Xornalistas denuncia que os despedimentos fan perigar a calidade da democracia

O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia neste Primeiro de Maio o aumento dos despedimentos e da temporalidade nos contratos no sector da comunicación nos últimos meses. A precariedade é tal que, en opinión do SXG, cada vez é máis difícil que os cidadáns reciban unha información conmínimas garantías de obxectividade e pluralidade.

Enviada por SXG SXG o 01/05/2009 11:26
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

No 63 por cento dos medios houbo despedimentos nos últimos meses, segundo unha enquisa realizada polo Sindicato entre os seus afiliados, investigación con datos da práctica totalidade dos centros de traballo na autonomía.Ante esta situación, o Sindicato comezará nos próximos días unha campaña de denuncia da pésima situación laboral dos profesionais da comunicación.

O obxectivo é concienciar á sociedade de que sen unhas condicións laborais decentes, os xornalistas non poden garantir unha información plural, algo que fai perigar a saúde da nosa democracia.

O 70% dos informadores apoiaría unha folga


Dentro da campaña contra os despedimentos, o SXG non descarta a convocatoria de xornadas de folga no sector. Unhas convocatorias de paros que, segundo datos da referida enquisa, están dispostos a sumarse máis do 70 % dos informadores de Galicia.

Control das subvencións aos medios con despedimentos


O Sindicato reclama como medidas urxentes o control das axudas públicas que reciben os medios que están a despedir traballadores. É inadmisíbel que a Xunta e outras administracións subvencionen empresas que, mentres despiden a traballadores con anos de experiencia, abusan da labor dos bolseiros e falsos autónomos e fan máis precarias as condicións laborais dos informadores.

Lacra que é especialmente entre mulleres, que malia ser maioría na profesión seguen a chocar cun 'teito de cristal' á hora de acceder a postos de responsabilidade.

O SXG -que preside os comités de empresa de La Voz de Galicia, La Región, Radio Coruña, Diario de Ferrol, e Que! en Vigo- anima aos seus afiliados e a os resto de profesionais a participar nas manifestacións que se organizan este Día do Traballo. Ademais, reitera a súa aposta pola unidade de acción co resto dos sindicatos, tanto no diálogo coa patronal como nas mobilizacións que está a planear.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: