Vieiros

Vieiros de meu Perfil


70 anos despois 2009. A cultura do exilio e a emigración na Memoria Histórica

  Coa finalidade de lembrar os setenta anos do comezo do exilio republicano unha xuntanza de persoeiros dos diferentes eidos da cultura achegáronse ao pazo de Mariñán, preto da ría de Ares no Concello de Bergondo, na provincia da Coruña, os dias 12 ó 14 de marzo de dous mil nove, convocados co gallo do Congreso para o Estudo da Cultura do Exilio Republicano. O estudo da tarefa levada adiante polos exiliados nos países que os acolleron é o eixe mestre deste encontro, así mesmo a análise, a reflexión das diversas fasquias da obra intelectual e da presenza sobranceira da cultura galega nos países do exilio e da emigración.

Enviada por osimon osimon o 27/03/2009 01:46

  Coa finalidade de lembrar os setenta anos do comezo do exilio republicano unha xuntanza de persoeiros dos diferentes eidos da cultura máis da prensa, a edición, as artes plásticas, as ciencias e a investigación achegáronse ao pazo de Mariñán, preto da ría de Ares no Concello de Bergondo, na provincia da Coruña, os dias 12 ó 14 de marzo de dous mil nove, convocados co gallo do Congreso para o Estudo da Cultura do Exilio Republicano.

Neste dous mil nove cumpre os setenta anos da orixe do longo e nalgún xeito definitivo exilio da cultura do republicanismo español. O estudo da tarefa levada adiante polos exiliados nos países que os acolleron é o eixe mestre deste encontro, así mesmo a análise, a reflexión das diversas fasquias da obra intelectual e da presenza sobranceira da cultura galega nos países do exilio e da emigración.

O editor Xosé Esteban falou no encontro da cuarta feira, da prensa e a edición no exilio e da construción da biblioteca do exilio, o esforzo do comezo da colleita de orixinais, no alicerce da biblioteca, sinalou que o traballo foi un feito cultural e non económico, os atrancos da falla coa cultura e os fondos editoriais espallados polo mundo, a falta de axudas do estado para-las publicacións, só algunhas comunidades autónomas. Salienta a edición do traballo de Lourenzo Varela e Xesús Bal e Gai entre outros.

Choutou á palestra o mestre Isaac Díaz Pardo, quen destacou o labor dos prelos do exilio, coma e o feito do castro de Samoedo e laiase da perda das Ediciós do Castro pola falla de acción da xustiza, o moderador da conversa gabou a figura de quen fora o guieiro da factoría de Sargadelos na creación da biblioteca do exilio, interveu Isaac ca nomeouse coma un emigrante fracasado, e que só axudou aos exiliados nos traballos da recuperación e o mantemento da memoria, a que hoxe chamase a memoria histórica.

Saíu na conversa o tema de proposta dalgúns persoeiros da cultura, ao respecto da volta a España do corpo do poeta Antonio Machado, dende o cemiterio francés de Colliure, amosa Isaac que xa viviu con tristura os feitos do traslado do corpo de Castelao, dende Arxentina, contra-la súa vontade e levado adiante polos ca foron os seus inimigos, o que semella a creba da historia do exilio.

Salientou o moderador o seu pensamento ca os réximes ditatoriais adoitan por resposta á poboación retornar ao país ás personalidades da cultura falecidas no exilio, coma é o feito do escritor Xoán Ramón Ximenez, e deste xeito tentan converterse nos meirandes protectores da cultura.

As vítimas, os nomes, as voces...
O profesor do departamento de historia contemporánea e americana de USC, Emilio Grandio Seoane, presentou o día sábado, a actualidade do proxecto de investigación das tres universidades galegas, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, nomeado "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". O proxecto ten a finalidade de pescudar nos baleiros da historia coa finalidade da construción dun arquivo publico da memoria, que ten o seu baseamento en tres piares, o primeiro; as fontes orais o constitúen catrocentas entrevistas persoais a quen pasaron polo cárcere ou estiveron fuxidos ou agochados máis as lembranzas das súas familias, a falta destes o testemuño dos descendentes dos que sufriron persecucións ou foron mortos pola súa ideoloxía, ou a pertenza ás institucións da democracia republicana, destaca que o atranco principal que ten que aturar o investigador e o teimudo silencio destes descendentes.

O segundo; piar, son as fontes escritas, a colleita de preto catro mil documentos nas comandancias do Exercito de terra e de Mariña, os libros parroquiais ou nos arquivos dos concellos, as fontes dos arquivos históricos das Deputacións e os libros de rexistro dos hospitais, os libros das prisións e campos de reclusión onde recolléronse os testemuños, aínda fotos, diarios etc, das vivencias daqueles feitos.

O terceiro piar; e o estudo dos sitios que gardan a memoria, as covas, o monte, as corredoiras, as gabias das estradas, os cemiterios e outros lugares onde os represaliados foron vexados ou asasinados, co fin de elaborar unha base de datos de vítimas da represión franquista.

Engadiu o profesor Grandio ca dos estudos xorde que a maioría dos mortos na represión o son por mor dos chamados "paseos", e as idades destas persoas estaren ao redor dos trinta corenta anos, subliña que o recurso do paseo é o máis empregado nas represalias das clases baixas, labradores, mariñeiros e os nomeados oficios, a meirande deles paseados e fusilados sen proceso xudicial. A faciana clasista de represión foi a levada adiante contra-los sectores medios e altos da sociedade, profesionais e persoas con cargos políticos, ca sempre serán levados perante os tribunais.
 
De seguido falou o presidente do Ateneo Republicano de Galicia, Carlos Etcheverría, quen amosa o vinculo do ateneo coma bancada da cultura política da república no exilio e a emigración, cunha ampla e aberta ollada ao mundo. Sinalou que a expatriación é unha constante da historia en España, cheas de republicanos españois ficaron por moitos anos no exilio ou morreron nel coa esperanza do retorno á patria. O afianzamento da cultura republicana durante o obrigado éxodo, foi a tarefa máis sobranceira das sociedades do exilio nos centros culturais e de ensino, bibliotecas, ateneos e hospitais.

Os relatorios libres
A profesora e investigadora do departamento de estudos hispánicos de universidade de Puerto Rico, Carme Vázquez Arce, filla do escultor Francisco Vázquez Díaz alcumado "compostela", exiliado na República Dominicana en 1939 e logo asentado até a súa morte na illa de Puerto Rico, expuxo a súa tese ao respecto dos artistas plásticos e a supervivencia nos países do exilio e a emigración, dende xullo do trinta e seis os artistas da pedra e da madeira fican sen os materiais primarios para o seu traballo, por mor do que algúns deles únense aos combatentes. Os que liscan achan no exilio a conxuntura para seguir traballando noutros materiais, como é o feito do noso artista que adoptou as madeiras do trópico.

Na continuidade do tempo das exposicións coa presenza da escritora e profesora de ensino Esperanza Mariño Davila, que amosou o epistolario do axitador galeguista e apaixonado orador do exilio, Ramón Suárez Picallo e o xornalista e tradutor César Alvajar Diéguez dende o afastamento forzoso en Francia, que esta a publicar o Arquivo Municipal de Betanzos. O epistolario componse de vinte e catro cartas datadas en Bos Aires e París, Alvajar Diéguez fai a escrita sempre en lingua castelá nas trece cartas a Suárez Picallo, quen pola contra o fai sempre en galego nas once que lle envía, algunhas delas polo carácter "oficial" estaren escritas a maquina.

Ambos-los dous fan unha forte defensa dos intereses de Galicia ao longo do tempo, destacan o integro amor pola terra amosado pola lealdade e o altruísmo, subliñan a necesidade da creación dun Consello de Galicia co seu estatuto xurídico e a presenza das nacionalidades históricas dos gobernos catalán e vasco no exilio, así como a adhesión ao Consello Federal Español do Movemento Europeo do que é presidente Salvador de Madariaga. Entenden coma tarefa preferencial dar pulo á cultura, da que fan unha teimuda defensa, como xeito de daren a coñecer o nome de Galicia no mundo a través de libros e conversas, emprazando a estudantes e investigadores a mergullarse na historia e a literatura galega.

O epistolario mingua coa vellez, Alvajar Diéguez doente do corazón e afectado pola morte da súa dona máis Suárez Picallo coas eivas do reumatismo, aínda deixa de escribir por tres meses nos que fica ingresado no hospital do Centro Galego en Bos Aires, no que falecera tempo máis adiante o 14 de outubro do ano 1964, escasamente un mes despois da chegada da derradeira carta de Alvajar Diéguez, quen morreu ao ano seguinte.

O profesor de educación secundaria Xaime Varela Sieiro, ca foi lector de galego na Universite de París III, acolleu a tema, A Emigración Galega, a Francia, a economía e a política, expuxo a esquecida vida de traballo e loita no exilio do poeta Alexandre del Valle (Venemundo González), así como amosou dous dos seus libros, Poética Galicia e Poesía Revolucionaria.

A clausura
No peche da xuntanza falou o filólogo e catedrático de literatura hispánica na USC, Xesús Alonso Montero, que abrangueu o tema da lingüística galega no exilio e gabou a figura do cartografo lingüista Aníbal Otero Álvarez e o seu exilio interior. Otero Álvarez colaborou co filólogo e investigador da fonética Tomás Navarro Tomás, quen xunto a Afonso Daniel Rodríguez Castelao salvou dos bombardeos nacionais sobre Madrid a biblioteca do bispo Rei Soto (hoxe no mosteiro de Poio), á quen lle enviou máis de catro centos, seica seis centos, cadernos lingüísticos da súa colleita nas viaxes polo norte da xeografía Portuguesa, e que contribúen á elaboración do Atlas Lingüístico da Península Ibérica ALPI, publicado serodiamente o primeiro volume no ano 1962, ficando os seguintes pendentes de publicación a día de hoxe.

Sinalou o profesor Alonso Montero o feito que a inxustiza franquista tratou moi mal, con suma saña segundo as súas verbas, ao escritor Aníbal Otero, ao que colle a sublevación do trinta e seis no desenvolvemento da súas investigacións lingüísticas en Portugal, e coa sospeita de traballar agochado pola república é detido por esbirros do goberno de Zalazar, que llo remiten preso a España á zona baixo control dos alzados, onde é xulgado no mes de febreiro do ano 1939 e condenado a morte, concédenlle o perdón e así e todo fica na cadea até o ano 1941.

Láiase Alonso Montero do dano polo manexo da información ca é peor que a falta da información, e subliña o papel da lingüística coma unha bandeira do galeguismo, no entanto que asevera que o atraso da filoloxía galega debese á falla dunha institución ca ensinase no país. Destaca que xa está no prelo a anada das vinte e catro cartas de Tomás Navarro Tomás e Aníbal Otero Álvarez, testemuño do seu traballo como cartografo lingüista, e aconsella a lectura do libro do que é autor Otero Álvarez, "Hipose Etimolóxica do Galego Portugués.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: