21-22-23 de abril no Campus Sur de Compostela
Dende o Grupo de Sensibilización sobre o Sáhara Occidental de Enxeñaría sen Fronteiras de Santiago de Compostela convidamos a todas e todos a visitar a Jaima saharauí que será instalada na Praza do Seminario de Estudos Galegos (fronte da Facultade de Farmacia do Campus Sur compostelán) en colaboración coa Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, os días 21, 22 e 23 de abril da vindeira semana.
Con esta actividade darase por finalizada a campaña de concienciación sobre a problemática do Sáhara Occidental que comezamos no mes de xaneiro colocando postos informativos en distintos centros universitarios.
Temos programado un lote de actividades que agardamos gusten e contribúan a crear opinións proprias sobre o que está a suceder no Sáhara ou a pensar máis de vagar sobre as que xa se teñen.
¡Agardámosvos na Jaima!
Para máis información: esfsahara.blogspot.com
Correo electrónico: info@galicia.isf.es