O Mapa Sociolingüístico confirma que o galego está nunha situación de emerxencia. A Mesa reactiva as mobilizacións en defensa da lingua.
Os datos estatíticos do Mapa Sociolingüístico confirman que o galego está nunha situación de emerxencia. En doce anos, duplicouse o número de persoas que nunca falan en galego e a décima parte dos menores recoñecen que recibiron ensino "só en castelán". A Mesa advirte do perigo que suporán para a nosa lingua as medidas anunciadas polo partido gañador das últimas eleccións e chama á manifestación en defensa desta lingua o Día das Letras.
Máis información sobre estes datos
Máis información sobre a manifestación
Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para ao galego
Páxina da Mesa