A Mesa Nacional do Movemento Pola Base quer manifestar o seguinte a todos os medios de comunicación:
O vindeiro sábado 14 de Marzo convocaremos unha rolda de prensa no Hotel Congreso de Teo posterior á celebración do Consello Nacional do BNG na que analisaremos os resultados eleitorais e anunciaremos a estratexia, que como organización política, tomaremos a partir deste momento.
Tomaremos accións legais contra aquelas persoas que suplanten o nome da nosa organización a partir de agora, xa que unha vez realizada a Asamblea Nacional ordinaria, eleita a nova Mesa Nacional e iniciados os trámites de legalización do Movemento pola Base ante o Ministerio de Interior, non hai dúbidas a respeito de a quen pertence a lexitimidade da representación a todos os efeitos desta organización.
http://www.polabase.net/