O construtor e presidente local dos populares no Concello de Pontevedra criticou a iniciativa da Xunta neste senso.
Telmo Martín foi alcade de Sanxenxo
O presidente local do PPdeG en Pontevedra, Telmo Martín, cualificou de "inconstitucional" a iniciativa da Xunta de impedir por lei que alcaldes, concelleiros e funcionarios municipais poidan exercer ao mesmo tempo como promotores inmobiliarios, naqueles concellos onde realicen a súa actividade pública.
Martín, que tamén é promotor, dixo este luns que "pecharlles a portas ás persoas que teñen ideas que achegar á vida pública durante unha etapa da súa vida" parécelle "inconstitucional", e engadiu que "hai moitas persoas en todos os partidos políticos que viven do diñeiro público e iso si que non me parece correcto".
O popular, propietario do 33% das accións da inmobiliaria Construcuatro, sinalou que só "mentes retortas poden pensar que uns cantos poden manexar a administración á solta". Neste senso, asegurou que na actualidade "calquera actuación a nivel estatal, autonómica ou municipal, está regulamentada".