Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESCÁNDALO URBANÍSTICO

Piden que Feijoo aclare a relación da anterior Xunta con Telmo Martín

Logo de que se soubera que un xulgado investiga ao ex alcalde de Sanxenxo por presunto cobro de sobreprezos en vivendas protexidas o PSdeG esixe expliacións.

Redacción - 17:54 27/09/2007
Telmo Martín é socio de Construcuatro

Telmo Martín é socio de Construcuatro

Aproveitouse o ex alcalde de Sanxenxo Telmo Martín dos seus amigos do PPdeG na Xunta? A dúbida queda no ar logo de que Abel Losada, deputado do PSdeG, anunciara este xoves que o seu partido vai pedir que Alberto Núñez Feijoo explique no Parlamento se tivo algún tipo de relación coas empresas do actual líder dos populares na cidade de Pontevedra. As balas socialistas teñen como obxectivo a etapa na que Feijoo foi conselleiro de Política Territorial que tería coincidido coas denuncias que agora se investigan.

A loita chega ás moquetas da rúa do Hórreo logo de que esta semana se soubera que un xulgado de Vigo e a propia Consellaría de Vivenda están a investigar a empresa Construcuatro. O popular Telmo Martín posúe o 33% da sociedade, que está denunciada por cobrar sobreprezos ao negro en vivendas de protección oficial.

O BNG pide dimisións e o PPdeG di que pode haber sorpresas
O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, dixo que se se demostra a implicación de Telmo Martín no caso, o PPdeG debe cesalo de xeito fulminante. O nacionalista considera que é sospeitoso que a anterior Xunta nunca sancionara a ningún construtor por irregularidades deste tipo.

Pola súa parte, Núñez Feijoo adiantou que Telmo Martín está disposto a dar todo tipo de explicacións e reiterou que por agora non hai nada demostrado. O líder conservador quixo poñer suspense ao sucedido e dixo que nas vindeiras semanas podía haber “sorpresas” xa que Telmo Martín non é o único socio da empresa.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: