Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A fraude da vivenda protexida

Telmo Martín: as acusacións contra Construcuatro é "o que hai pagar" por estar na política

O acabado de elixir presidente del PPdeG en Pontevedra dixo que a fraude non había saír á luz se el non fose socio de Construcuatro.

Redacción - 19:42 08/10/2007
Telmo Martín, nunha imaxe tirada do seu blog de campaña para a alcaldía de Pontevedra

Telmo Martín, nunha imaxe tirada do seu blog de campaña para a alcaldía de Pontevedra

Telmo Martín asegurou na segunda feira estar "moi tranquilo e preparado para aguantar calquera cousa", referíndose ás investigacións da Xunta sobre o presunto cobro irregular, denunciado por uns vinte compradores, de vivendas protexidas nun edificio en Navia (Vigo), promovido por Construcuatro, empresa da que é copropietario.

"Cando teña que falar, hei falar, pero vou agardar a que conclúa a investigación", dixo Telmo Martín ao ser preguntado pola suposta fraude, da que dixo que non o inquieta "o máis mínimo"; "teño que pasar polo transo porque é o prezo que hai que pagar por estar en política", asegurou nunha entrevista concedida á mañá a Radio Pontevedra.

"Non se está a respectar a separación de poderes"
Dixo Martín na mesma entrevista, tras sinalar que non está molesto por ser obxecto da investigación, xa que este "é un país democrático". Mais o presidente do PP pontevedrés considera que "se está a facer un xuízo paralelo ao que realmente vai ter lugar".

A historia dende o comezo

A Consellaría de Vivenda abriulle un expediente sancionador á promotora Construcuatro -da que Telmo Martín é conselleiro delegado e posúe o 33%-, e a dúas axencias inmobiliarias de Vigo, como presuntos responsábeis da percepción de sobreprezos na compravenda de vivendas protexidas.

Construcuatro é a promotora do edificio de 96 vivendas protexidas situado na Rúa Teixugueiras número 25 do polígono de San Paio de Navia, na cidade de Vigo. A empresa está a ser investigada por cobros entre os 14.000 e os 42.000 euros, segundo denunciaron varios compradores afectados.

Vivenda considera que a documentación e as declaracións por escrito recollidas durante a fase de investigación amosan "indicios suficientes" para abrir este expediente de sanción, que se vai resolver en seis meses como máximo, e que podería derivar nunha multa de un millón de euros e seis años de inhabilitación para a promotora.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: