Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciativa parlamentaria do BNG

No medio da lea co TAV, por que non destinar 100 millóns ao servizo de proximidade?

Da man do Bloque chegan á Cámara as reclamacións da Plataforma Salva o Tren en favor da mellora das infraestruturas ferroviarias.

Redacción - 11:05 25/05/2010
Membros da plataforma Salvar o Tren a pé da estación de Catoira en denuncia polo levantamento de vías

Membros da plataforma Salvar o Tren a pé da estación de Catoira en denuncia polo levantamento de vías

Rifa de prazos aparte, o anuncio do Ministerio de Fomento de reservar un elevado investimento, 17 mil millóns de euros, dos cales un 70% será especificamente destinado á mellora de redes ferroviarias, é unha oportunidade perfecta para que Galiza reclame investimentos específicos que axuden a unha viraxe no modelo de mobilidade.

Así o entende o BNG, cuxo grupo parlamentario achega esta semana ao Parlamento unha iniciativa coa que instan a Xunta a iniciar coa maior brevidade posíbel as negociacións co goberno español "coa fin de comprometer unha cantidade mínima de 100 millóns de euros do chamado Plan Extraordinario de Infraestruturas do Ministerio de Fomento". A finalidade sería iniciar en Galiza "un servizo de cercanías eficaz e eficiente que permita no século XXI un modelo alternativo de mobilidade".

A proposición non de lei achegada pola deputada nacionalista Teresa Táboas argumenta a necesidade de medios de transporte alternativos á utilización do vehículo privado. "Somos conscientes de que o actual modelo de mobilidade está caduco dado o forte impacto para o medio ambiente, e economicamente tanto para o erario público como para os cidadáns", expón Táboas. Avalía o Bloque que a diferenza do custo de usar o vehículo propio respecto do transporte colectivo é dun 30%, polo cal toda actuación encamiñada a mellorar as infraestruturas de transporte público colectivo deberan ser "estratéxicas" e especialmente vencelladas ao tráfico ferroviario, debido á súa alta capacidade de transporte e a súa baixa incidencia no ambiente.

Na liña da reivindicación de 'Salva o Tren'
En apoio da iniciativa acudirán como oíntes ao Parlamento representantes da plataforma 'Salva o Tren'. Esta rede cidadá leva tempo mobilizándose a prol da creación dunha rede ferroviaria de proximidade e contra o levantamento dos treitos de ferrocarril que aínda quedan en diversos puntos do país e que facilitarían ese servizo.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: