Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO RÍO COVO-CERVO

Achados arqueolóxicos testemuñan a presenza humana na Mariña hai máis de 300 mil anos

O colectivo Mariña Patrimonio informou á Consellaría de Cultura do lugar no que se atopa un novo xacemento do Paleolítico Inferior.

Redacción - 12:15 23/03/2010

Os sucesivos achados arqueolóxicos e patrimoniais na Mariña Luguesa seguen a ofrecer sobradas mostras da riqueza histórica desta comarca. A última foi un novo descubrimento feito polo colectivo Mariña Patrimonio, unha organización que defende a posta en valor do patrimonio cultural e natural da zona. Trátase de 12 útiles de pedra atopados nunha terraza fluvial do río Covo, en San Cibrao (Cervo).

Este colectivo púxose en contacto co Servizo de Patrimonio da Consellaría de Cultura para informar do lugar no que apareceron os restos líticos. Agora, esta mesma semana, un arqueólogo da Xunta achegouse até o lugar para recoller os 12 útiles, entre os que se atopan raedeiras, fendedores e bifaces. Estímase que a súa antigüidade puidera ser de 300 mil nos, polo que serían o testemuño máis antigo de presenza de vida humana na Mariña.


Ligazóns

4,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Útil lítico atopado no Rio Covo. Conta con 300 mil anos de antigüidade
Útil lítico atopado no Rio Covo. Conta con 300 mil anos de antigüidade