 
 
A Terra e a humanidade xogan o seu futuro nas próximas tres semanas. Analizamos as claves da man dun experto nesta cuestión, Manoel Santos, director de Altermundo.
"Canto custa arrefriar o Planeta?" Esa é a pregunta que nos facemos e que tentaremos explicar nos vindeiros días coa axuda dun dos principais expertos do noso país, recoñecido internacionalmente,  tanto en cuestións ambientais como en movementos sociais altermundistas: Manoel Santos, director de Altermundo. 
  "Unha obsesión mundial, imposta pola OMC co nome de "libre comercio" e os intereses particulares dos Estados, impedirá o éxito da vindeira Conferencia sobre o Cambio Climático en Copenhaguen". Así resume Santos a resposta á cuestión plantexada e que debullamos en tres entregas.   
  
Por diante, a xuntanza da Organización Mundial do Comercio (desde o luns até o 2 de Nadal, aínda que as mobilizacións xa comezan este sábado) e a Conferencia sobre o Cambio Climático (do 7 ao 18 de Nadal), auspiciada pola ONU. Tres semanas en que está en xogo o futuro da Terra e da humanidade. 
ANÁLISE
  
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto