Os dous piragüistas galegos gañaron en 500 e 1.000 metros en cadansúa categoría nunha competición que reunía os mellores piragüistas estatais.
David Cal proclamouse duplo campión estatal en C-1, tanto en 500 como en 1.000, tras superar nunha chegada moi xusta ao asturiano Rafael Menéndez. Detrás deles viña o galego José Luis Bouza, que tamén se clasificou.
Teresa Portela tamén fixo doblete en K-1 feminino en 500 e 1.000 metros.
Por clubes, os galegos acapararon o podio cun triplete liderado polo Breogán, seguido do Tudense e do Ría de Aldán, mentres que os zamoranos do Iberdrola ficaron na cuarta posición, seguidos do Torres de Catoira