Responde correctamente ás seguintes preguntas e participa no sorteo de 10 invitacións para asistir
ao espectáculo-concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón.
A singularidade da Illa de San Simón (Redondela, Pontevedra) inpide que se poida celebrar un acto aberto a todo o público neste enclave natural máxico, polo que abrimos un concurso-sorteo de 10 invitacións para asistir ao concerto o próximo 14 de maio.
O concurso é tan sinxelo como responder a catro preguntas referentes a Cores do Atlántico co nome e enderezo electrónico. De todos os correos recibidos e que responderon correctamente ás preguntas farase un sorteo. A organización porase en contacto cos 10 gañadores por email e por teléfono para notificar e confirmar a súa asistencia. As invitacións poderanse recoller no lugar de embarque no porto de Vigo.
Programa do concerto - espectáculo de Cores do Atlántico
14 de maio de 2010 na Illa de San Simón.
18:15h - Saida dos asistentes en barco dende o porto de Vigo (no Náutico)
18:40h - Viaxe rumbo á San Simón
19:30h - Chegada á Illa de San Simón. Percorrido guiado pola illa. Visita á exposición de Quique Bordell na ermida.
20:15h - Presentación do proxecto de Cores do Atlântico.
20:30h - Concerto de Cores do Atlántico con: Socorro Lira, Uxía, Eneida Marta, Margareth Menezes, João Afonso e Teresa Paiva.
21:30h - Remate do concerto