Preséntovos unha pequena síntese do mais curioso da miña experiencia como estudante en Castela, e do que aprendín deles, que non foi mais que chegar a comprendelos, que é o que aínda non puiden conseguír de moitos galegos.
Cinismo e envexa son os dous adxectivos que empregaría eu para definir o sentimento que teñen os casteláns cara nós (cando falo de casteláns falo da España castelá), algo tamén que podemos extrapolar para vascos e cataláns. Esta nova definición é unha moi boa forma de entender o porqué do odio que sinten cara nós, e sí, falo de odio.
Falo en primeira persoa porque eu son estudante universitario en Castela. A verdade é que o choque cultural que notei ao principio foi moi grande, so temos que pensar en algo tan básico como é a familia para entendelo sen vivir a experiencia. A familia en Galiza e de corte matriarcal, e en Castela é de tipo patriarcal, pero iso non só non marca a forma de actuar de cada un, porque como é obvio non educa igual un home que unha muller, aínda que esa muller sexa machista, rasgo típico ata fai pouco, e iso nótase moito nos rapaces. A segunda gran diferenza sería a personalidade, os galegos somos xente aberta e alegre, por contra eles son introvertidos e moi desagradables, entón, porque España ten o mito da simpatía?, -outro tópico español de orixe andaluz-.
Para continuar, poderíamos seguir falando de que os casteláns sinten unha animadversión moi grande cara todo aquilo que non se identifique con España sendo español, é cursioso, porque tí non podes defender que Galiza é unha nación nun aula porque cómenche, e non podes levar unha chapa coa túa bandeira, pero é que eles tampouco levan nada español porque iso é facha. Pero hai máis, a contradición chega ata tal punto que teñen unha efixe do dictador moi ben restaurada e da que se sinten orguiosos, entón chego a pregunta, porqué lles molesta tanto que nos sintamos orguiosos da nosa procedencia? Non será que eles o que lles pasa é que teñen un sentimento de inferioridade que non poden con él?
Máis datos, as clases son bastante interesantes e explico porqué, ao principio enfadábame e dábame rabia escoitar tanta barbaridade, pero agora escoito é aprendo, reflexiono e comento cos meus, como por exemplo: sabíades que a nación española naceu no século XI? porque resulta que durante o proceso da Reconquista (termo en desuso pola súa pouca validez historiográfica) a unión dos reinos cristiáns foi un símbolo de unidade española que derivou na concreción dun sentimento propio que se estabilizou cos reis católicos, data según eles do nacemento do Estado español. É unha barbaridade como unha casa falar de nacionalismos no século XI e tamén de estados no XV pero eles son así. Se tentamos empatizar coa súa forma de pensar, poderemos chegar a conclusión de que o señor profesor deriva dun sistema eduvativo dictatorial con tódalas connotacións obvias que merece, pero é que o problema non é só ese, hai mais, sabíades que o rexionalismo actual español ten as mesma características co francés, alemán e italiano?
Na miña opinión cínicos porque eles, sí que sinten autoodio porque non son felices con eles mesmos, e cada vez que poden reflícteno critcándonos, cando tería que ser ao contrario, e vouvos dar unha rápida explicación.
Os franceses son ao igual que os casteláns opresores nacionais, os franceses non menosprezan aos bretóns, nin aos alsacianos nin tampouco aos occitanos para fortalecer a idea de Francia, porque síntense orguiosos de seren franceses que non está mal pero o problema é que arrastran aos demais con imposicións, pola contra no Estado español a situación é diferente, porque resulta que temos nós a culpa dos males de Castela, como a Guerra Civil, a perda de Portugal, a perda do Imperio na Guerra dos Trinta anos etc, e así unha lista moi longa, entón analizando os datos chegamos a conclusión de que odiannos porque non poden ser coma nós, porque por desgraza por Castela pasaron os séculos coma se nada e non aprenderon nada, nin aceptaron influencia ningunha dos demais algo que si fixemos en Galiza, polo que dixen antes, somos abertos, eles non.
En definitiva a mín persoalmente o que mais me doe non é vivir alí porque acostumaste, o que mais me doe e voltar para casa e ver como aínda hai moita xente que se sinte español/a e penso, como se poderán sentir españois se nunca viviron en España?