Xesús Anxo Barreiro Núñez envíanos dende Lugo esta reflexión sobre as caixas.
Como comezo da miña opinión sobre o futuro das caixas galegas quería facer mención o apuntado no recente libro de Guillermo de de la Dehesa e a todo o publicado por Xavier Vence recentemente.
No que respecta a Guillermo de la Dehesa destacar a parte do seu recente libro titulado:”La Primera Gran Crisis Financiera del Siglo XXI” onde apunta un dato moi interesante onde fai referencia a que as caixas de aforro copaban nas súas respectivas comunidades o 70% do mercado.
En canto a Xavier Vence destacar os seus artigos publicados nos que chega a conclusión de que a concentración das caixas levara a “BANCANIZACIÓN” imposta dende Madrid polo gobernador do Banco de España Fernandez Ordoñez(“Mafo”),;con unha política financieira oposta a que se esta a levar a cabo nos EUA e na UE consistente en evitar e fraccionar a os sistemas bancarios como medida,(entre outras), para dar saída a crise.
Feita esta introdución de argumentos quixera centrarme no debate da fusión das dúas caixas galegas para comentar a postura que o meu entender ten cada un dos tres partidos con representación no parlamento galego e do que o meu modesto entender pasara.
En primeiro lugar considerar a postura ideolóxica e de acción do BNG que seguindo o sempre pola formación defendida de unha soa caixa galega forte presentou no Parlamento o “PROXECTO DE LEI DE FUSIÓN DAS CAIXAS GALEGAS”,tendente a consecución da caixa galega única o servizo da economía galega,da sociedade galega e en especial das nosas empresas,sen esquecer a importantísima obra social,en resumo dos aforros e negocios de todos/as os/as galegos/as.
En segundo lugar a postura do PPdeG de sumarse rapidamente a proposta do BNG alegando os mesmos criterios de “GALEGUIDADE” e facendo se aprobase de urxencia a lei e anunciando mesmo recorrer ante o Tribunal Constitucional o FROM
En terceiro lugar analizar as distintas posturas do PSdG que difiren entre a Executiva galega que aposta por unha SIP, (manexando datos do Goberno e do Banco de España),o alcalde vigués Abel Caballero en contra da fusión e o PSdG coruñés a favor da fusión.
Compre por último mencionar a auditoría encargada polo Goberno Galego a KPMG que baixo a miña apreciación non deixa de ser un elemento mais de parte cociñado a gusto do consumidor.
O meu parecer o proceso de fusión rematara en que a iniciativa iniciada polo BNG será o mero papel no que o PPdeG escribira a fusión das dúas caixas galegas para entregarllas á Caja Madrid de Rodrigo Rato seguindo o guión previsto na rúa Xénova da capital do reino,non tendo tampouco sentido a postura do PSdG coa SIP que sigue os postulados cociñados na rúa Ferranz polo PSOE para evitar caiga en mans do PP,(ademais de facer demagoxia política localista en Vigo e A Coruña),que tampouco evitaría as nosas dúas caixas rematasen absorbidas por caixas foráneas.
En conclusión coma sempre Galiza perdera e neste caso un dos bens mais prezados que é o piar da súa economía;pois as súas caixas polo que me sumo e subscribo as teses do profesor Xabier Vence de manter por separado as dúas caixas galegas e evitar o que sería unha debacle irreversible para Galiza.