A Asociación da Prensa de Lugo organiza mañá venres 11 de maio un acto público cos cabezas de lista de PSOE, PP e BNG no que os cidadáns terán a palabra.
Os cidadáns terán a palabra mañá venres, 11 de maio, para preguntarlles aos alcaldables por Lugo de PSOE, José López Orozco; PP, Joaquín García Díez, e BNG, Xosé Anxo Lage, sobre o programa de goberno que plantexan e o seu proxecto de cidade, nun acto que comezará as oito do serán no Hotel Méndez Núñez da capital lucense. O encontro, organizado pola Asociación da Prensa de Lugo, responde a unha proposta lanzada polo presidente do colectivo de xornalistas, Xoán Carlos Vidal, durante a celebración da Festa dos Periodistas o pasado mes de xaneiro. O acto estará moderado por Arcadio Silvosa, vocal da xunta directiva da APL.
O formato elexido para o que será o primeiro cara a cara dos alcaldables lugueses unha vez iniciada a campaña electoral é similar ao do programa de televisión Tengo una pregunta para usted… Comenzarase cunha breve presentación por parte dos candidatos do seu proxecto político e seguidamente o moderador dará paso ás preguntas que os asistentes irán turnando entre os tres alcaldables, habendo en todo caso dereito de réplica cando haxa unha alusión directa por parte dun candidato aos outros. A duración do acto será de unha hora e media, e na parte final do mesmo o moderador dará paso a preguntas sin contido político, nun intento de amosar a faciana máis persoal e cercana dos candidatos.
Ao Encontro Cidadán están invitados todos os lugueses e luguesas, ben de xeito individual ou en representación de colectivos e asociacións. Estes últimos terán preferencia á hora de formular preguntas, polo que se lles reservará sitio nas primeiras filas.
A Asociación da Prensa de Lugo e un colectivo con máis de medio século de historia que aglutina á maioria dos xornalistas da provincia e está integrado na Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), o organo maioritario de representación da profesión, non que están representandos preto de 15.000 xornalistas de todo o Estado.
DATA: Venres, 11 de maio, 20.00 horas LUGAR: Hotel Méndez Núñez
Interveñen: José López Orozco, Joaquín García Díez y Xosé Anxo Lage
Modera: Arcadio Silvosa