Con motivo da apertura da matrícula das Actividades de Tempo Libre da Asociación Cultural Xacarandaina, cabe informar que dita matrícula comezará a partir do 1 de setembro para os socios en horario de 10:30 h a 12:30 h pola mañá e de 18:00 h a 21:00 h pola tarde, de luns a venres, e a partir do 7 de setembro para os non socios no mesmo horario.
Este ano conta con actividades de todo tipo e para todas as idades: folclore galego impartindo clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión e clarinete; artes plásticas impartindo clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento; encaixe de bolillos e guitarra.
Tamén cabe mencionar que, durante o ano, se realizarán cursos monográficos de folclore galego, roteiros de sendeirismo, excursións, visitas a museos, campamentos, ludoteca de Nadal, visita dos Reis Magos á Asociación, festa de Antroido etc.
As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en adiante. Para nenas e nenos de 3 a 6 anos, a Asociación conta cun programa lúdico-educativo que leva por nome "Gorechos", que toma como base a cultura galega e que presenta dous obxectivos principais: iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas e favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social. Este programa componse de 4 áreas: motricidade con soporte musical (iniciación ao baile e á danza), música activa (iniciación á música), reciclarte (iniciación ás belas artes) e cantocontocanto (iniciación á lectura, interpretación...)
As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán a finais de xuño e as clases se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. A matrícula se realizará no local da Asociación: Rúa Historiador Vedía 3 - soto / 15004, A Coruña.